“Castrar a tenreiras ou vacas mellora o seu rendemento cárnico e a rendibilidade do rabaño”

Entrevista a Héctor Ricardo Ludueña, veterinario e profesor de varias universidades arxentinas, e inventor do método RILÚ de castración de femias bovinas

“Castrar a tenreiras ou vacas mellora o seu rendemento cárnico e a rendibilidade do rabaño”

O profesor Héctor Ricardo Ludueña no CIAM

Maior ganancia diaria de peso -até 2 quilos ao día por cada ciclo que se evita ao ser castrada-, mellora na calidade e sabor da carne e maior rendibilidade da gandaría. Estas son algunhas das vantaxes da castración de femias de gando bovino, tanto de vacas como de tenreiras que decidimos non recriar. Unha práctica amplamente estendida nas gandarías de países como Uruguai, Arxentina ou Brasil e que tamén empeza a chegar a Europa.

Neste sentido, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e a empresa ALBEITANERIA, en colaboración con Laboratorios Galeno e MSD, organizaron o pasado 15 de outubro nas instalacións do CIAM unha xornada teórica e práctica sobre castración de de femias bovinas mediante o método RILÚ que congregou a 20 veterinarios e técnicos galegos.

A xornada foi impartida polo inventor deste método, Héctor Ricardo  Ludueña, un destacado veterinario arxentino, con máis de 20 anos de docencia en universidades e máis de 40 anos de traxectoria profesional como asesor en produción e reprodución bovina e equina.

Impartiches unha xornada de formación en Galicia sobre o método RILÚ de castración de vacas e tenreiras. Que valoración realiza do curso?
A valoración que realizo sobre esta xornada teórico práctica en Galicia sobre o Método RILÚ foi moi positiva; pois desenvolveuse nun ambiente moi cordial, moi profesional, con intercambio de opinións frutíferas case permanentemente, tanto na parte teórica e tamén na práctica.

Por que é recomendable castrar ás vacas para engorde, así como ás becerras que non se destinarán a recría?
É moi recomendable castrar as vacas e xovencas para engorde, e o principal motivo, radica en dar un valor engadido a categorías de femias que se descartan sen aproveitar esta oportunidade. Ao castralas, mellóranse os índices reprodutivos e produtivos de cada explotación gandeira.

Que melloras concretas achega a castración en canto a resultados económicos?
As melloras concretas que achega a castración, son evidentes e están relacionadas con melloras na condición corporal, ganancia diaria peso.

En canto a resultados económicos sempre é a favor das femias castradas, e en España, sería moi interesante coñecelo pois pode variar segundo distintos factores, como raza, idade, sistema de alimentación, tipo de alimentación.

Cando sería o momento oportuno para realizar a castración?
O momento oportuno sería cando a femia a castrar estea baleira, sen preñez ou cun puerperio de 35 ou 45 días. Aquí é cando cabe aclarar, cales serían os motivos polos que se deberían castrar as femias. Eu clasificaríaos en:

-Descarte ou refugo: ao non ser máis útiles, para produción ou reprodución, cástranse dos dous ovarios, bilateralmente; sexa por problemas xenéticos, por non coincidir no biotipo desexado, por problemas de aplomos non desexables, por problemas reprodutivos diversos sexan de glándula mamaria, ovarios, útero, oviducto, vaxina e por problemas de dentes gastados por idade, problemas de ollos e de animais de rodeo xeral.

-Femias de alta xenética ou alta produción de leite, con problemas reprodutivos: ao poder seguir sendo útiles cástranse unilateralmente dun ovario, onde está o problema e estes animais seguen dando crías, sexan tenreiras ou tenreiros de alta xenética e seguen producindo leite.

-Femias con problemas de enfermidades zoonóticas: ao ser utilizada a castración polo Método RILÚ, como método profiláctico; e desta maneira non permitir a difusión da enfermidade zoonótica, nos nosos rabaños, nin correr o risco cos nosos empregados ou colaboradores rurais, familiares ou nós os profesionais veterinarios, que traballamos nesas gandarías.

Isto está contemplado en países que realizan control e erradicación de Brucelose, por exemplo, en Uruguai, onde unha femia positiva a brucelose se está gorda vaise sacrificar para conxelar a carne no frigorífico directamente; e se está fraca, dáselle a oportunidade de engordar, dándolle un valor agregado a esa femia, pero hai que castrala de calquera xeito.

Como debe realizarse a castración e que aspectos son clave á hora de realizala?
Debe realizarse con toda a responsabilidade dun profesional veterinario capacitado, tendo en conta todas as medidas comentadas na xornada, como saber en que estado fisiolóxico atópase esa femia por tacto rectal unha semana antes, xaxún do día anterior da castración, realizar unha correcta desinfección de vaxina e o aspecto clave é realizar a incisión sobre o teito da vaxina na zona indicada, para logo con práctica, situar ovarios e ligalos coa brida plástica.

Que recomendacións daría para o postoperatorio?
Só realizar observación as primeiras 24 horas, darlle para comer en currais ou en lote próximo e non realizar arreos bruscos ou prolongados.

Compensa a castración porque a vaca ou tenreira gaña máis quilos e en menos tempo

Compensa economicamente para o gandeiro? Canto adoita roldar o seu custo?
Si, compensa economicamente a femia castrada non só porque cambia de categoría, de femia fraca, e categoría conserva inferior pasa a gorda, consumo superior, sendo calidade de exportación, con moitos quilos máis.

Isto último, charlámolo na xornada, pois aumenta a produtividade da granxa e tamén do país; ao darlle máis quilos á mesma unidade biolóxica, a femia castrada.

O custo págao a mesma femia, no primeiro celo evitado, por estar castrada. O custo en Arxentina é de 10 a 15 quilos de prezo máximo de femia gorda, con calidade de exportación, segundo mercado de Liniers.

 “O método RILÚ é moi simple, rápido e seguro”

Que diferencia o método RILÚ, doutros modos de castración do gando vacún?
Desde o meu punto de vista, o Método RILÚ; é moi simple, rápido e seguro.

En que medida está implantada a castración de femias bovinas en Arxentina e noutros países gandeiros e cales son as principais técnicas que se empregan?
Ultimamente en Arxentina emprégase máis a castración que antes. Sei de moitos colegas que coñecen e practican o método RILÚ; mentres que en Uruguai desde hai moito tempo practícase con métodos como Dutto ou outros.

 “O mellor método de detección de celos son as cámaras de vídeo”

Es médico veterinario e impartes docencia sobre produción animal en varias universidades arxentinas. Cales crees que son os principais retos para mellorar a reprodución en gando bovino?
Isto véñoo mencionando aos meus alumnos e colegas das diferentes Universidades nas que dito diferentes materias, por iso vouno dicir agora tamén: o principal reto é ordenar os nosos rabaños, coñecendo as categorías que están os nosos animais e que condición corporal e reprodutiva teñen; desa forma, poder ser máis eficientes, pois só teremos animais produtivos nos nosos establos e descartariamos todos os improductivos.

Outros retos que serían de vital importancia, estarían relacionados cun correcto asesoramento profesional, tanto sexa de veterinarios como de enxeñeiros agrónomos.

Tamén é unha materia pendente a capacitación de propietarios e empregados ou colaboradores do establecemento para mellorar os índices produtivos (quilos de carne por hectárea, litros de leite producidos, quilos de tenreiros producidos por ano por hectárea…), e reprodutivos (cantidade de femias preñadas, cantidade de servizos por preñez lograda, días de vaca aberta ou período parto-parto, intervalo parto primeiro celo, parto primeiro servizo, parto concepción…) e se todo isto vese apoiado por unha moi boa política de estado, con continuidade e apoio, moito mellor.

En sistemas de estabulación intensiva, ¿Cales crees que son as claves para unha boa detección de celos?
Indubidablemente o de cámaras de vídeo, as 24 horas do día, todos os días, pois cando o persoal dorme ou descansa durante as horas de escuridade, xa se coñece, que as femias se seguen alzando ou entrando en celo e púidose comprobar que hai celos curtos, que á mañá siguiento xa se lles pasou, xa non están en celo.

Tamén a capacitación de persoal, para coñecer os moitos signos comportamentales, (preto de 16) e físicos (preto de 17), para saber ben cando os deben descubrir a cada un deles.

Por suposto, as axudas para detectar celos, (preto de 15) que nos permiten detectar aquelas femias que están por entrar ou entraron en celo.

Cada vez son máis os gandeiros que realizan eles mesmos as inseminacións. ¿Que recomendarías para mellorar a porcentaxe de fecundación á primeira inseminación e que erros máis comúns detectas?
Se falamos de gandeiros produtores, como tamén de profesionais veterinarios, o que eu recomendaría sería tanto un como outro, terían que realizar cursos de actualización, para ter en conta factores importantísimos como sería a condición corporal da femia a inseminar ou servir, a sanidade, o momento adecuado de realizalo, os coidados ou detalles da mesma técnica e obter e anotar a maior cantidade de datos, que se transforman en información e logo en investigación dos resultados.

Por último, se se logrou a tan desexada preñez, por favor monitoreala, verificando que se mantén e que chega a término con éxito. Por favor facelo; pois é moi desagradable crer que estaba preñada e despois de moito tempo ou varios meses, darnos conta que está baleira, sen xestación, iso é moita perda económica, produtiva e reprodutiva.

Algo máis que queiras engadir?
Si, por suposto, quero agradecer infinitamente a hospitalidade e moi bo trato que recibín, antes da miña chegada para ditar a xornada, ou sexa por parte dos organizadores os que se comunicaron directamente comigo, Juan Manuel García Castro, como tamén o director do CIAM, Manuel López Luaces.

Tamén agradecer ao enxeñeiro César que nos recibiu e explicou as tarefas realizadas en investigación o día anterior da xornada, como así ao persoal que pechou ás femias para traballar.

Quero agradecer a todos os participantes, tanto sexa os inscritos que cubriron todas as prazas pensadas, con moita inmediatez, como aos investigadores, que participaron en forma activa con preguntas e inquietudes, a xente de laboratorio convidada, sempre presente e proactiva e ao persoal que preparou un rico xantar. A todos eternamente agradecido pola inesquecible estadía en nome da miña compañeira Graciela e no meu.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información