Cambios nas cotizacións da recría en Amio

A Mesa de Prezos de Abasto de Amio acordou esta semana unha suba de 5 euros nos machos descostrados e lactantes de rubia galega e cruces, así como unha baixada na mesma medida en frisona nos machos descostrados e lactantes. En vacún maior e becerros para sacrificio non houbo cambios.

Na Mesa de Prezos de Ternera Gallega, os vogais deciden por maioría dos seus votos manter como na sesión anterior os prezos de todas as categorías e calidades de carne.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 1.978 reses, 416 menos que a pasada semana. Houbo 1.436 cabezas de vacún menor, 276 de vacún mediano e 256 de vacún grande.

Máis información
Táboa de cotizacións da Mesa de Prezos de Amio (1-XI-2017).

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información