Bograo adquire o matadoiro de Poulet Royal en Melide e abrirá unha fábrica de pensos ecolóxicos

Bograo adquire o matadoiro de Poulet Royal en Melide e abrirá unha fábrica de pensos ecolóxicos

Planta de fabricación de pensos de Bograo en Vedra

A empresa galega Bograo adquiriu o matadoiro avícola de Poulet Royal en Melide, e lanzará a súa propia marca de carne de polo, Avigrao, ademais de pór en marcha unha planta de pensos ecolóxicos na mesma localidade coruñesa.

Así o anuncia hoxe a compañía a través dun comunicado, no que destaca que “coa adquisición deste matadoiro avícola en Melide, Bograo controla así todas as fases da cadea desde a cría con granxas integradas e a alimentación, pasando polo procesado da carne até a distribución ao consumidor baixo a marca Avigrao”.

Bograo é unha empresa familiar creada no ano 1990 por Manuel Orosa e dedicada á fabricación e distribución de pensos en toda a xeografía galega e norte de Portugal, especializada en galiñas e pitos. Desde a empresa con sede en Vedra (A Coruña), destacan que teñen unha cota do mercado libre superior ao 80% en galiñas e un 75% en polos.

Apertura dunha nova fábrica de penso ecolóxico en Melide

Ademais, dende a empresa avanzan que “o esforzo investidor non só se centra nunha nova imaxe corporativa aliñada coa do resto do grupo, senón que a calidade e seguridade de instalacións, procesos e equipo de persoas son prioridades”. “Seguindo esta liña, farase especial fincapé na formación de persoal cualificado baixo a dirección de Julián García García, experto formador recoñecido a nivel nacional”, engaden.

A este proxecto súmase a apertura dunha nova fábrica de penso ecolóxico na mesma localización de Melide. “Espérase que esta nova planta comece a súa actividade a principios do ano que vén co obxectivo de satisfacer as novas necesidades dos clientes do grupo e dun mercado no que o produto ecolóxico tine unha gran acollida”, explican desde a compañía.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información