Baixan os prezos do gando de recría e sube o vacún maior en Silleda

Baixan os prezos do gando de recría e sube o vacún maior en Silleda

Os prezos na lonxa de Silleda están a experimentar nas últimas semanas leves oscilacións de subas e baixadas. Se no anterior mercado houbo unha recuperación dos prezos do gando de recría e do vacún maior, na sesión de hoxe volveron baixar tódolos animais de recría, ata os niveis de hai dúas semanas, en tanto o vacún maior continuou a recuperación de prezos e chegou ós valores de hai 20 días.

En gando de recría, a cotización media situouse en 202 euros, fronte ós 210 da pasada semana. Por categorías, a baixada dos machos frisóns foi menor que a do gando de recría de cruce, pois o treito con máis volume de gando en machos frisóns (21-50 días) caiu só 5 euros, polos arredor de 20 que baixou o gando de cruce de 21 a 50 días.

En vacún maior, proseguiu a liña de recuperación de prezos, chegando ós 862 euros, polos 823 da anterior lonxa. Os becerros carniceiros mantiveron a estabilidade nos seus valores medios, se ben analizando por categorías, subiron os becerros de Rubia galega e baixaron os cruces.

Mesas de prezos
Nas Mesas de Prezos que se celebran de xeito paralelo ó mercado, acordouse unha suba dun euro nos leitóns, en tanto o porcino cebado continúa igual que en anteriores sesións. En Europa, a maioría de lonxas optou tamén pola continuidade de valores, salvo en Francia, onde se produciu unha suba.

En ovos, houbo baixadas en todas as categorías, coa excepción da XL, mentres que en galiñas non houbo modificacións nin tampouco no coello na lonxa de Madrid, de referencia en Galicia.

28 feira

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Silleda (28-VIII-2018).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información