Baixan os becerros de recría en Silleda

O leitón segue baixando ao igual que os ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 28 de xullo

Baixan os becerros de recría en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse pola baixada xeneralizada dos becerros de recría.

Así, nos becerros para recría de raza Frisona, os de menos de 20 días pagáronse a unha media de 109 euros; a 125 € os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, e a 118 euros os de máis de 50. A pasada semana os prezos foron de 125, 131 e 170 €, respectivamente.

En canto aos becerros de recría de cruce industrial, tamén houbo un descenso, sobre todo nos menos de 20 días, mentres que subiron os de máis de 51 días. En concreto, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 253 euros; a 304 € os de 21 a 50 días -a categoría con máis asistencia de xatos-, e a 411 euros os de máis de 50. A pasada semana os prezos foron de 301, 309 e 375 €, respectivamente.

No vacún maior os prezos rexistraron unha leve suba na Categoría Primeira, de 1.100 euros a 1.106, mentres que as vacas de Segunda, a máis numerosa das tres, tamén subiu lixeiramente dos 709 euros da semana pasada a 714 €. Pola contra, as vacas de desvelle baixaron ata os 419 euros.

As cotizacións quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_VACUN_SILLEDA_29_07_15

Baixada dos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, despois de varias semanas de subidas acordouse baixar os prezos dos ovos en todas nas categorías un 0,03%, agás na categoría XL ,que se mantivo sen cambios. Deste xeito, a ducia de ovos quedou nos 1,52 € para os XL; 1,30 € a ducia para a categoría L; 1,18para a M, e 1,03 € a ducia para os de clase S.
Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, as cotizacións seguen nun mínimo anual de 1,30 €/kilo.

Estabilidade no porco cebado e baixada no leitón

En porcino, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións da pasada semana. No resto de Europa o comportamento foi manter os prezos ou unha lixeira suba: en Alemaña mantívose igual; en Holanda subiu un 0,01% e en Dinamarca mantivéronse os prezos sen cambios.

En canto aos leitóns acordouse baixar os prezos de novo un 1,5%, acumulando varias semanas consecutivas de baixadas. Así, quedaron nos 24 euros os procedentes de varias explotacións e nos 29 euros os procedentes dunha única explotación.

As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_PORCINO_SILLEDA_29_07_15

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información