Baixan os becerros de recría e os carniceiros en Silleda

As mesas de prezos manteñen as cotizacións do porcino e coellos, en tanto que en ovos soben 3 céntimos os da categoría XL. Record anual na asistencia de becerros de abasto

A Lonxa de Silleda rexistrou na sesión desta semana unhas boas cifras de asistencia, coa nota destacada do récord anual en becerros carniceiros, que chegaron ós 119. A anterior marca estaba nos 110 da subasta do 5 de abril. En becerros de recría foron 690 animais os que entraron no recinto e 650 os adxudicados (9 quedaron desertos e 31 rexeitaron a venda ó prezo ofertado). En vacas, acudiron á subasta 242, das que 229 foron vendidas.

A nota negativa da xornada foi a baixada de prezos na maioría de categorías de recría e de becerros carniceiros. En animais de abasto, cairon tanto os prezos de cruce industrial como de rubia galega, o que deixou a media dos prezos en 764 euros, fronte ós 817 da semana pasada.

En recría, tamén houbo significativos descensos nas distintas categorías de frisóns e de cruce industrial, as de maior afluencia. O prezo medio dos animais de recría quedouse nos 191 euros polos 217 da anterior sesión.

En vacún maior, a tendencia foi a continuidade de prezos. A media das cotizacións subiu lixeiramente: 664 euros polos 659 da pasada semana.

Cotizacións becerros e vacun

Porcino, coellos e ovos
En canto ás cotizacións decididas nas mesas de prezos, non houbo cambios nin en porcino nin en leitóns nin en coellos. En ovos, continúan tamén as mesmas cotizacións, salvo na categoría XL, que sobe 3 céntimos.

Máis información
Táboa de cotizacións da Lonxa de Silleda (2-8-2016)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información