Baixadas na recría e vacún maior en Amio

As cotizacións das mesas de prezos de Amio, celebradas en paralelo ó mercado gandeiro, acordaron esta semana baixadas no gando de recría e no vacún maior, en tanto en Ternera Gallega mantéñense os mesmos valores da pasada semana en todas as categorías e calidades.

Con respecto ó gando de recría, acordáronse baixadas de 5 euros nos seguintes prezos: nos descostrados, nas femias de cruzada e nos machos de frisona; en lactantes, nas femias de calidades extra e boa de rubia galega e de cruzada e nos machos de frisona; e en destetados, as femias de rubia galega e as de cruzada. Baixan tamén 10 euros os prezos das femias lactantes de cruzada en calidade regular.

En vacún maior, baixan 5 cinco céntimos as canais P e as subclases O3, O2 e O1.

No mercado, a asistencia de gando á sesión desta semana foi de 2.731 reses, 2.299 máis que na feira da pasada semana, marcada pola festividade do 15 de agosto. Houbo 2.302 cabezas de vacún menor, 261 de vacún mediano e 161 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (22-VIII-2018).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información