Baixadas en vacún maior e recría de cruces en Silleda

Os prezos pagados na Lonxa Agropecuaria melloraron esta semana en becerros carniceiros. Subas nas cotizacións de porcino cebado e ovos e caída nos bacoriños

Baixadas en vacún maior e recría de cruces en Silleda

Becerros de recría en Silleda.

Os prezos do gando en Silleda rexistraron esta semana unha tendencia á baixa en vacún maior e en becerros de recría de cruce, en tanto os xatos de recría frisóns mantivéronse estables. En becerros carniceiros, houbo unha mellora das cotizacións medias.

O prezo medio da recría situouse nos 249 euros, practicamente igual que a pasada semana (250), se ben o comportamento foi desigual por categorías. Os frisóns mantiveron cotizacións similares ás da anterior sesión. Por exemplo, en xatos de 21 a 50 días, unha das categorías máis concurridas, acadáronse os 176,13 euros de media (polos 174 da anterior sesión).

En cruces de recría, sen embargo, houbo unha baixada dos prezos. Os cruces machos de 21 a 50 días tiveron un valor medio de 316 euros, fronte ós 334 da pasada semana. En femias, tamén de 21 a 50 días, o prezo foi de 237, polos 243 da pasada semana.

A redución de valores medios foi asimesmo clara en vacún maior, que pasou de 886 euros de media a 843 euros. Na categoría segunda (O), a máis concurrida, pasouse de 723 euros de media a 706. En primeira, R, de 1.104 a 1.080.

O mellor comportamento desta semana correspondeu ós becerros carniceiros, que pasaron dun valor medio de 740 euros a 806. En becerros de cruce, os machos cotizaron a 924 euros, polos 816 da pasada semana, e as femias a 747 euros, fronte ós 724 da anterior sesión.

captura silleda 4-7

Mesas de prezos
As mesas de prezos de Silleda acordaron subas de 2 céntimos en porcino cebado selecto e normal, así como unha suba superior ó céntimo tamén en canal II. A outra cara da moeda tocoulle unha semana máis ós bacoriños, que caen 3 euros. Houbo subas tamén nas cotizacións de ovos nas gamas de maior tamaño, XL e L.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Silleda (4-VII-2017) .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información