Baixadas en Amio en Ternera Gallega e variacións en recría

As mesas de prezos de Amio acordaron onte baixadas en Ternera Gallega e variacións á alza e á baixa no gando de recría, en tanto o gando de abasto e o vacún maior permanecen sen cambios.

En Ternera Gallega, a Mesa de Prezos da IXP acordou por unanimidade o seguinte:

– Na categoría suprema, baixar 5 céntimos os prezos dos machos e das femias das calidades U e R en todos os intervalos de peso, excepto no maior (226 a 250 quilos os machos e 201 a 230 quilos as femias), que baixa 6 céntimos. Nas calidades S e E a baixada é de 8 céntimos.

– Na categoría normal de Ternera Gallega, baixan os prezos 4 céntimos en todas as calidades e intervalos de peso.

En canto á Mesa de Prezos de Abasto, decidiuse por unanimidade baixar 10 euros na recría os prezos da calidade extra dos machos e femias descostrados de rubia galega. Soben, por contra, 25 e 20 euros respectivamente os prezos das calidades regular e inferior dos machos descostrados de raza frisona.

A asistencia de gando á feira foi de 2.261 reses, 59 máis que a pasada semana. Houbo 1.796 cabezas de vacún menor, 215 de vacún mediano e 233 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (24-II-2015)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información