Baixadas en Amio en Ternera Gallega e nas femias de recría

A carne da IXP continúa a tendencia de caída estacional por unha oferta superior á demanda

A Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega, que se celebra cada semana coincidindo co mercado de Amio, acordou unha nova baixada de prezos na sesión de hoxe. En gando de abasto, a mesa de prezos correspondente decidiu manter sen cambios as cotizacións de vacún maior e becerros, en tanto en recría as femias de todas as categorías perderon 5 euros e os machos descostrados e lactantes de frisona subiron outros 5.

No que respecta ás baixadas en Ternera Gallega, foron máis pronunciadas na categoría Suprema, onde se detecta o maior exceso de oferta. En Suprema, na categoría de maior peso a caída foi de 6 céntimos tanto en femias como en machos. Os restantes treitos de peso, por baixo de 226 quilos en machos e de 201 en femias, baixaron 4 céntimos. En Ternera Gallega convencional e na categoría ‘Añojo’, a redución de cotizacións foi de 2 céntimos.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 2.292 reses, 81 máis que a pasada semana. Houbo 1.744 cabezas de vacún menor, 223 de vacún mediano e 304 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio, Pdf (15-II-2017)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información