poxa_subasta_gando_feira_silleda_03_standar

Baixada xeneralizada dos becerros en Silleda

Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 31 de marzo.

As cotizacións dos becerros na Lonxa de Silleda deste martes caracterizáronse pola tendencia xeral á baixa, continuando a tendencia da pasada semana. A destacar o descenso das cotizacións nos becerros de recría raza Frisona: 104 euros de media para os de 21 a 50 días fronte aos 126 euros da pasada semana ou 128 euros para os de máis de 50 días, fronte aos 153 que se pagaron o pasado martes.

Tampouco se libraron do descenso os becerros de recría de cruce industrial: 378 euros de media para os de 21 a 50 días, fronte aos 402 da semana pasada; e 436 euros polos de máis de 50 días, fronte aos 474 euros que se pagaron de media o pasado martes.

Nos becerros carniceiros tamén houbo baixadas: 307 euros para os de raza Frisona; 718 para os de cruce e 690 euros para os de Rubia Galega, fronte aos 492, 790 e 767 euros, respectivamente da pasada semana.

No vacún maior mantivéronse os prezos cunha lixeira baixada.

As cotizacións quedaron do seguinte xeito:

cotizacions_Silleda_vacun_31_03_2015

Sen cambios nas mesas de prezos de galiñas, ovos e coello
Nas mesas de prezos as cotizacións medias das galiñas e os ovos quedaron igual que as pasadas semanas. Deste xeito, os ovos quedaron nos 1,33 € a ducia para a categoría L; 1,31 para a M, e 1,14 € a ducia para os de clase S.

Nos coellos as cotizacións tamén se mantiveron sen cambios, nos 1,50 €/kilo.

Estabilidade nos prezos do porcino
En canto aos leitóns, a mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia acordou manter os prezos da semana pasada. Deste xeito, as cotizacións quedaron nos 56 € para os bacoriños procedentes dunha única explotación e os 51 € para os procedentes de varias.

En canto ao porco cebado, acordouse tamén manter os prezos sen cambios. Nos principais mercados europeos os prezos tamén se manteñen estables ou con lixeiros repuntes.

As cotizacións quedaron do seguinte xeito:

cotizacions_Silleda_porcino_31_03_2015