Baixada nos xatos frisóns en Amio

A Mesa de Prezos de Abasto, en Amio, acordou a baixada de 5 euros nas calidades boa, regular e inferior dos machos frisóns descostrados e lactantes. En gando de recría de rubia galega e de cruces non hai cambios, se ben apréciase unha tendencia á baixa nos cruces.

O resto das cotizacións que se deciden en Amio permanecen igual que na anterior sesión. En becerros de abasto e vacún maior non hai cambios. Tampouco en Ternera Gallega, onde continúa un bo mercado en Suprema e mantense o atasco nos matadoiros en Ternera Gallega convencional.

O mercado desta semana rexistrou a entrada de 2.131 animais, 145 menos que a pasada semana. Por categorías, houbo 1.633 animais de recría, 215 exemplares de vacún mediano e 243 de vacún maior.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (28-VI-2016).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información