Baixada nos becerros de recría e carniceiros en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia rexistra este martes unha baixada dos prezos do gando de recría e os becerros carniceiros mentres no vacún maior houbo subas. Baixa tamén o porco cebado e soben os leitóns

Baixada nos becerros de recría e carniceiros en Silleda

Animais na Central Agropecuaria de Galicia.

A Central Agropecuaria de Galicia – Abanca rexistrou na xornada deste martes unha baixada dos prezos dos becerros de recría e nos carniceiros. Mentres, no vacún maior houbo unha tendencia á alza. No caso das mesas de cotización, acordaron unha redución dos prezos do porco cebado e unha suba dos leitóns. Tamén aprobaron subas nos ovos e unha baixada nas galiñas.

En canto ó gando de recría, nos becerros de raza frisoa houbo unha caída dos prezos de tódalas categorías. Nos animais de menos de 20 días, a baixada foi de 20 euros para pasar a cotizarse a un prezo medio de 60 euros. Os becerros de entre 20 e 50 días, a categoría máis numerosa, situáronse en 88 euros, 8 euros menos que a feira pasada. Nos animais de máis de 50 días a redución foi de 9 euros, para pasar a cotizarse a 97 euros.

Nos becerros de cruces industrias a tendencia xeral tamén foi á baixa, aínda que con excepcións. Así, nos animais de menos de 20 días o prezo caeu en 53 euros para situarse en 208 euros. No caso das femias desta sección, cotizáronse a 192 euros, 44 menos que na sesión anterior. Nos becerros de entre 20 e 50 días, o prezo medio dos machos foi de 342 euros, 21 euros por debaixo do fixado hai unha semana. Nas femias, a baixada foi de 11 euros ata acadar os 226 euros. A única suba produciuse nos animais de máis de 50 días que incrementaron o seu valor en 36 euros e pasaron a cotizarse a 438 euros. No caso das femias, o incremento foi de 24 euros para situarse nun prezo medio de 326 euros.

No caso dos becerros carniceiros, as baixadas foron similares tanto nos de raza frisoa como nos de cruces industriais. Así, nos frisóns o prezo situouse en 530 euros, 85 euros por debaixo da cotización da feira pasada. Nos de cruces, a redución foi de 86 euros no caso dos machos, que pasaron a pagarse a 811 euros e nas femias situouse nos 737 euros, logo dunha baixada de 67 euros.

No referido ó vacún maior, a tendencia foi á alza a excepción das vacas de segunda categoría que rexistraron unha redución do prezo de 7 euros para pasar a cotizarse a 709 euros. Mentres, nas vacas de primeira o prezo incrementouse en 26 euros e acadaron os 1.101 euros. Nos animais de desvelle tamén houbo unha suba, neste caso de 18 euros, para situarse nos 451 euros.

Central-Agropecuaria-de-Galicia-Vacuno-29_10_2019

Baixa o porco cebado e sobe o leitón

As mesas de cotizacións do porcino acordaron esta semana unha baixada do porco cebado que foi dos 0,01 ós 0,013 euros por quilo dependendo da categoría. Así, no caso do porco cebado selecto e normal a baixada foi de 0,01 euros e o prezo quedou en 1,455 e 1,430 euros o quilo respectivamente. A categoría de Canle II foi a que rexistrou unha maior baixada, de 0,013 euros e pasa a cotizarse a 1,857 euros o quilo. A única suba produciuse nos animais de desvelle que logo dun incremento de 0,02 euros pasan a cotizarse entre 0,75 e 0,81 euros.

Mentres, nos leitóns decidiron unha suba de 2 euros por animal en tódalas categorías. O bacoriño de 20 quilos procedente dunha única granxa acada os 61 euros e os animais chegados de varias ganderías cotízanse a 56 euros. O prezo por quilo é de 3,05 e 2,8 euros respectivamente.

Nos ovos os únicos cambios viñeron nos de categoría M que logo dun incremento de 0,02 euros a ducia pasa a cotizarse a 1,15 euros. Mentres, no resto mantivéronse sen cambios polo que a ducia da categoría XL quedou nos 1,43 euros; a da L págase a 1,27 euros, e a S cotiza a 0,92 euros. Tamén houbo unha baixada no prezo das galiñas de desvelle de 0,01 euros polo que o prezo destes animais oscila entre os 0,06 e os 0,14 euros.

No relativo ó coello, a Lonxa de Madrid mantivo o prezo en 2,30 euros o quilo.

Central-Agropecuaria-de-Galicia-Porcino-29_10_2019-

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información