Baixada nas cotizacións de Amio en Ternera Gallega

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega, que se reúne semanalmente coincidindo co mercado de Amio, acordou unha baixada de 5 céntimos en todas as canais de Suprema e de 3 céntimos nas de Ternera Gallega. Esta baixada atribúese a un menor consumo nesta época do ano, que non se corresponde cunha produción que tende a aumentar polo calendario natural de partos das explotacións.

As cotizacións da outra mesa que marca valores de referencia en Amio, a de Gando de abasto, mantivo esta semana os prezos da anterior sesión. Non houbo cambios nin en gando de recría nin nos becerros medianos nin no vacún maior. Para a semana, anúnciase que é probable unha revisión integral dos prezos do gando de recría.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 2.024 reses, 220 máis que a pasada semana. Houbo 1.660 cabezas de vacún menor (236 máis), 184 de vacún mediano (33 menos) e 171 de vacún grande (26 máis).

Máis información
Táboa de prezos de Amio (13-III-2019).

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información