Baixada do gando vacún en Silleda e suba do porcino

Os becerros de recría e o vacún maior experimentan unha tendencia á baixa en Silleda. Sobe o porco cebado e baixan os ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 13 de febreiro

Baixada do gando vacún en Silleda e suba do porcino

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca caracterizáronse pola baixada dos prezos do gando vacún. Pola contra segue subindo o porco cebado e os leitóns e baixan os ovos.

Así, nos becerros de recría, os de raza Frisoa tenderon á baixa, agás os de máis de 51 días. En concreto, na categoría de menos de 20 días, a cotización baixou ata os 126 euros por xato, sete menos que na poxa do pasado martes. E na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos tamén caeron ata unha media de 142 euros por xato, dous menos que a media da pasada semana. Pola contra, na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, o prezo medio subiu ata os 187 euros, once máis que o pasado martes.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral dos prezos tamén foi á baixa, aínda que con excepcións, sobre todo nos machos. Asi, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias nos machos subiron ata os 304 euros, fronte aos 278 da pasada poxa. E na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos tamén subiu ata os 349 euros, fronte aos 334 euros de media por xato do pasado martes. Nas femias, pola contra o prezo medio baixou, situándose nunha media de 220 euros, 9 menos que na pasada poxa. Nos xatos de máis de 51 días os prezos nos machos baixaron ata unha media de 422 euros por animal, fronte aos 464 euros de media da última poxa. Nas femias tamén se notou unha caída: o prezo medio foi de 285 euros, fronte aos 315 do pasado martes.

Baixada no vacún maior

No vacún maior o prezo experimentou unha baixada na categoría segunda, a máis numerosa. Deste xeito, quedaron en 1.105 euros de media en categoría primeira, 717 en segunda -a máis numerosa- e 487 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.072, 735 e 465 euros, respectivamente.

SILLEDA_FEVEREIRO_18_2_vacunSuba no porcino e baixada nos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse baixar por quinta semana consecutiva os prezos dos ovos: 0,03 euros a ducia na categoría XL, que quedou en 1,68 euros; 0,04 nas categorías L e M, que quedan en 1,59 e 1,47 euros a ducia, respectivamente. e 0,05 euros na categoría S, que remata en 1,14 euros.

As galiñas de desvelle quedan sen cambios, nun intervalo de entre 0,09 e 0,16 euros o quilo.

Na Lonxa de Madrid  o coello non sufriu cambios e fixouse o prezo en 1,55 euros o kilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de cotizacións acordou subir as cotizacións da pasada semana. Así, o prezo para as categorías Selecta e Normal sube 0,02 euros e queda en 1,090 e 1,065 euros por quilo, respectivamente; a Canle II sobe 0,026 euros e sitúase en 1,383 euros por quilo e no desvelle as cotizacións soben 0,02 euros, ata situarse un intervalo de prezos de entre 0,69 e 0,75 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, o porco cebado subiu esta semana 0,07 euros ata os 1,400 euros o quilo, unha tendencia á alza que se estendeu ao resto de países da Unión Europea.

En canto aos leitóns, despois de varias semanas de estabilidade acordouse subir 1 euro as cotizacións, ata os 47 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 52 euros para os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_FEVEREIRO_18_2_PORCINOjpg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información