Baixada do gando vacún en Silleda

Baixada este martes do gando vacún en Silleda, tanto nos becerros de recría como no vacún maior. O porco cebado segue sen cambios e baixan os leitón e os ovos

Baixada do gando vacún en Silleda

A sesión da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA deste martes caracterizouse pola baixada do gando vacún, tanto nos becerros de recría como no vacún maior. Nas mesas de cotizacións, o porco cebado segue sen cambios e baixan os leitón e os ovos

En gando vacún, os becerros de raza Frisoa baixaron en case todas as categorías. Na menos de 20 días a cotización media foi de 132 euros por xato, 10 menos que o pasado martes. Na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos tamén caeron ata unha media de 164 euros por xato, fronte aos 179 do pasado martes pasado. A excepción foi nos tenreiros de máis de 51 días, que subiron ata un prezo medio de 204 euros, cinco máis que a pasada semana.

A tendencia á baixa foi similar nos becerros de Cruzamento industrial, pero con excepcións. Asi, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias nos machos subiron ata os 320 euros, fronte aos 277 da pasada poxa. Pero na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos baixou ata unha media de 337 euros por animal, 34 menos que a pasada semana. Nas femias tamén baixou o prezo: unha cotización media de 224 euros por animal, 12 menos que o pasado martes. E nos xatos de máis de 51 días os prezos nos machos tamén foron á baixa: 397 euros, fronte aos 439 do pasado martes. Nas femias tamén houbo caída: 288 euros de media por animal, fronte aos 331 da pasada semana.

Baixada no vacún maior

Polo que respecta ao vacún maior, a tendencia foi a unha baixada de prezos. Deste xeito, quedaron en 1.084 euros de media en categoría primeira, 710 en segunda -a máis numerosa- e 457 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.112, 724 e 461 euros, respectivamente.

SILLEDA_VACUN_3_maio_18

Sen cambios no porcino e baixada nos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos baixaron as cotizacións en todas as categorías. Así a XL baixa 0,03 euros e queda nos 1,47 euros a ducia. O resto baixan 0,05 euros a ducia, quedando a L en 1,20 euros, a M en 1,10 euros e a S cotizouse a 0,95 euros a ducia. As galiñas de desvelle baixan tamén 0,01 euros e quedan nun intervalo de entre 0,09 e 0,15 euros o quilo.

Na Lonxa de Madrid  o coello segue sen cambios nos 1,60 euros o kilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de cotizacións acordou manter as da pasada semana. Así, o prezo para as categorías Selecta e Normal queda en 1,210 e 1,185 euros por quilo, respectivamente; a Canle II sitúase en 1,539 euros por quilo. Onde houbo cambios foi na categoría de desvelle, que baixou 0,03 euros o quilo, quedando nun intervalo de entre 0,63 e 0,69 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, as cotizacións quedaron sen cambios nunha media de 1,370 euros/kg.

En canto aos leitóns, acordouse baixar unha semana máis as cotizacións, desta vez 4 euros por animal, quedando nos 45 euros os procedentes de varias explotacións e nos 50 euros os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_PORCINO_3_maio_18

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información