Baixada dos prezos do gando vacún en Silleda

Os prezos dos becerros de recría e, en menor medida, do vacún maior caeron este martes en Silleda. Baixada tamén no porco cebado e nos ovos e sen cambios nos leitóns. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 23 de xaneiro

Baixada dos prezos do gando vacún en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca caracterizáronse pola baixada dos becerros de recría e, en menor medida, do vacún maior. Caeron tamén as cotización do porco cebado e dos ovos, mentres que os leitóns permanecen sen cambios, ao igual que prezo do coello na Lonxa de Madrid.

Así, nos becerros de recría, os de raza Frisoa en xeral tenderon á baixa. En concreto, na categoría de menos de 20 días, a cotización descendeu ata os 101 euros por xato, catro menos que na poxa do pasado martes. E na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos tamén caeron ata unha media de 124 euros por xato, fronte aos 135 euros de media da pasada semana. A excepción foi a categoría dos tenreiros de máis de 51 días, onde o prezo medio subiu ata os 161 euros de media, 13 máis que o pasado martes.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral dos prezos foi tamén á baixa. A excepción foi a categoría de menos de 20 días, na que as cotizacións medias nos machos subiron ata os 276 euros, fronte aos 246 da pasada poxa. Pero na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos caeu claramente ata os 327 euros de media, fronte aos 345 euros de media por xato do pasado martes. Nas femias o prezo medio foi de 223 euros, 17 menos menos que na pasada poxa. E nos xatos de máis de 51 días os prezos subiron nos machos tamén baixaron ata unha media de 431 euros por animal, fronte aos 444 euros de media da última poxa. Sen embargo, nas femias subiron a 346 euros de promedio, fronte aos 296 do pasado martes.

Leve baixada do vacún maior

No vacún maior o prezo experimentou unha leve baixada. Deste xeito, quedaron en 1.077 euros de media en categoría primeira, 720 en segunda -a máis numerosa- e 462 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.101, 721 e 477 euros, respectivamente.

SILLEDA_VACUN_XANEIRO_18_3

Baixada en porcino e nos ovos e sen cambios nos leitóns

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse baixar por segunda semana consecutiva os prezos 0,05 euros a ducia en todas as categorías.. Así, nas categorías XL e S, as cotizacións quedaron en 1,77 e 1,29 euros a ducia, respectivamente. Nas categorías L e M acordouse fixar o prezo da ducia en 1,71 e 1,61 euros, respectivamente.

As galiñas de desvelle mantivéronse nun intervalo de entre 0,10 e 0,17 euros o quilo.

Na Lonxa de Madrid  o coello tamén non sufriu cambios e fixouse o prezo en 1,55 euros o kilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de cotizacións acordou unha baixada por segunda semana consecutiva. Así, o prezo para as categorías Selecta e Normal caeron 0,02 euros o quilo, quedando en 1,060 e 1,035 euros por quilo, respectivamente. A Canle II baixou 0,026 ata os 1,344 euros por quilo e no desvelle, as cotizacións quedaron sen cambios nun intervalo de prezos de entre 0,67 e 0,73 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, o porco cebado baixou esta semana 0,04 euros, ata situarse nos 1,300 euros o quilo, unha tendencia á baixa que se estendeu ao resto de países da Unión Europea.

En canto aos leitóns, acordouse manter as cotizacións nos 46 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 51 euros para os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_PORCINO_XANEIRO_18_3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información