Baixada dos prezos do gando vacún en Silleda

A sesión deste martes da Central Agropecuaria de Galicia caracterizouse pola baixada dos prezos do gando vacún, a pesar de que rexistrou récord anual no volume de transaccións. O porco cebado mantense sen cambios e soben os ovos

Baixada dos prezos do gando vacún en Silleda

A sesión da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA deste martes caracterizouse pola baixada nos prezos do gando vacún, a pesar de que rexistrou récords anuais no volume de transaccións tanto en vacún maior como en becerros carniceiros. Nas mesas de cotizacións, o porco cebado mantense sen cambios, mentres que soben algunhas categorías de ovos.

En gando vacún, os becerros de raza Frisoa foron os que conseguiron manter os prezos máis estables, con lixeiras baixadas. Así, na categoría de menos de 20 días a cotización media baixou ata os 136 euros por xato, tres menos que o pasado martes. Na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos baixan levemente ata os 163 euros por xato, un menos. E os tenreiros de máis de 51 días quedan nun prezo medio de 188 euros, tres menos que a semana pasada.

Nos becerros de Cruzamento industrial a baixada si que foi máis clara. Asi, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias nos machos caeron ata os 302 euros, fronte aos 343 da última poxa. Nas femias o prezo medio baixou de 221 do pasado martes aos 129 desta xornada. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos tamén baixou ata unha media de 345 euros por animal, 24 menos que a pasada semana. Nas femias a caída foi máis evidente: 199 euros por animal, 58 menos que o martes pasado. Sen embargo, nos xatos de máis de 51 días os prezos nos machos subiron: 492 euros, fronte aos 443 do anterior mercado. Nas femias , pola contra, a tendencia de prezos foi negativa: 320 euros de media por animal, fronte aos 350 da semana pasada.

Polo que respecta ao vacún maior, baixaron tamén os prezos en todas as categorías, agás na de desvelle. Deste xeito, quedaron en 1.059 euros de media en categoría primeira, 715 en segunda -a máis numerosa- e 508 na de desvelle. O pasado martes as cotizacións foron de 1.097, 728 e 460 euros, respectivamente

SILLEDA_xunho_18_6_porcino

Sen cambios no porcino e suba nos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, os ovos soben nas categorías XL e L 0,01 euros ata os 1,53 e os 1,19 euros a ducia, respectivamente. Na M e na S non hai cambios e quedan en 1,04 e 0,89 euros a ducia, respectivamente. As galiñas de desvelle baixan 0,01 euros e quedan nun intervalo de entre 0,08 e 0,15 euros o quilo.

Na Lonxa de Madrid  o coello mantense nos 1,70 euros o kilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de cotizacións acordou manter os prezos da pasada semana. Así as categorías Selecta e a Normal quedan en 1,250 e 1,225 euros por quilo, respectivamente; a Canle II sitúase en 1,591 euros por quilo. E na categoría de desvelle mantense o intervalo de entre 0,63 e 0,69 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, as cotizacións mantivéronse sen cambios esta semana, quedando nunha media de 1,440 euros/kg. No resto de países europeos a tendencia foi tamén á estabilidade de prezos.

En canto aos leitóns, acordouse unha semana máis manter as cotizacións nos 42 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 47 euros os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_xunho_18_6_VACUN

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información