Baixada dos prezos de Ternera Gallega Suprema

O mercado de Amio rexistra lentitude no seu desenvolvemento e tendencia á baixa nos prezos dos becerros para sacrificar

A Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega, que se reúne cada semana coincidindo co mercado de Amio (Santiago), acordou na súa última sesión unha baixada de 2 céntimos na calidade Suprema, en tanto os prezos de Ternera Gallega continúan como a sesión anterior.

Na Mesa de Prezos de Gando de Abasto, acordouse a continuidade das cotizacións en todas as categorías e calidades de gando, tanto en recría como en vacún maior e en becerros para sacrificar. Os vogais da Mesa coinciden, non obstante, en apreciar unha baixada de prezos no mercado nos becerros carniceiros, así coma unha lentitude xeral no desenvolvemento do mercado.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 2.402 reses, 403 máis que a pasada semana. Houbo 1.825 cabezas de vacún menor, 310 de vacún mediano e 249 de vacún maior.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (20-XII-2017).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información