Baixada dos prezos de Ternera Gallega en Amio con críticas á lentitude administativa da Consellería

Baixada dos prezos de Ternera Gallega en Amio con críticas á lentitude administativa da Consellería

A Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega, que se reúne cada semana coincidindo co mercado de Amio (Santiago), acordou na primeira sesión de 2018 unha baixada de 4 céntimos na calidade Suprema, en tanto os prezos de Ternera Gallega descenden en 2 céntimos.

Na Mesa de Prezos de Gando de Abasto, acordouse a continuidade das cotizacións en todas as categorías e calidades de gando, tanto en recría como en vacún maior e en becerros para sacrificar. Os vogais da Mesa coinciden, non obstante, en apreciar unha baixada de prezos no mercado dos becerros de recría, cuxo notable incremento da asistencia nesta sesión atribúen “á tardanza con que a Consellería do Medio Rural enviou a documentación dos animais”.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 2.317 reses, 1.533 máis que a pasada semana. Houbo 1.916 cabezas de vacún menor (1.531 máis que na sesión anterior), 172 de vacún mediano e 228 de vacún maior.

Máis información
– Táboa completa das cotizacións de Amio (03-I-2018).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información