Baixada dos becerros frisóns e suba dos de cruce en Silleda

Suba do gando vacún en Silleda, agás nos becerros de recría de Frisona, na xornada deste martes, que ao ser festivo rexistrou unha menor afluencia de animais. O porcino cebado e os ovos seguen sen cambios e baixan os leitóns

Baixada dos becerros frisóns e suba dos de cruce en Silleda

O mes de maio iniciouse na Central Agropecuaria de Galicia ABANCA  cunha menor afluencia de animais ao ser día festivo. Esta menor asistencia tirou polos prezos á alza no gando vacún, agás nos becerros de recría de raza Frisona, Nas mesas de prezos acordouse manter sen cambios as cotizacións do porco cebado e as dos ovos e baixar as dos bacoriños.

Así, as cotizacións dos becerros de raza Frisoa baixaron en case todas as categorías. Na menos de 20 días a cotización baixou a 132 euros por xato, 10 menos que o pasado martes. Na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos tamén descenderon unha media de 164 euros por xato, 7 menos que o martes pasado. A excepción foi nos tenreiros de máis de 51 días, que acadaron un prezo medio de 200 euros, fronte aos 194 da pasada semana.

Pola contra, nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral dos prezos foi tá alza. Asi, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias nos machos subiron ata os 298 euros, 11 máis que a pasada poxa. E na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos subiu ata unha media de 363 euros, fronte aos 352 euros do pasado martes. Nas femias, pola contra, baixou o prezo lixeiramente: unha cotización media de 247 euros por animal, 2 menos que o pasado martes. E nos xatos de máis de 51 días os prezos nos machos subiron ata unha media de 441 euros por animal, fronte aos 420 do pasado martes. Nas femias os prezos tamén se recuperaron ata unha media de 319 euros, 6 máis que a pasada semana.

Suba no vacún maior

Polo que respecta ao vacún maior, a tendencia foi a unha suba de prezos, agás na categoría de desvelle. Deste xeito, quedaron en 1.086 euros de media en categoría primeira, 724 en segunda -a máis numerosa- e 450 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.077, 718 e 467 euros, respectivamente.

SILLEDA_VACUN_1_maio_18

Sen cambios no porcino e nos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos mantivéronse as cotizacións da pasada semana. Así a XL queda nos 1,50 euros a ducia; a L en 1,25 euros. Na M a ducia segue en 1,15 euros e na S cotizouse a 1,00 euros a ducia.

As galiñas de desvelle subiron 0,01 euros, quedando nun intervalo de entre 0,09 e 0,16 euros o quilo.

Na Lonxa de Madrid  o coello segue sen cambios nos 1,60 euros o kilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de cotizacións acordou manter as da pasada semana. Así, o prezo para as categorías Selecta e Normal queda en 1,210 e 1,185 euros por quilo, respectivamente; a Canle II sitúase en 1,539 euros por quilo. Para o desvelle os prezos mantéñense nun intervalo de entre 0,66 e 0,72 euros o quilo.

En canto aos leitóns, acordouse baixar unha semana máis as cotizacións, desta vez 4 euros por animal, quedando nos 52 euros os procedentes de varias explotacións e nos 57 euros os procedentes dunha única explotación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información