Baixada dos becerros de recría en Santiago

Baixada dos becerros de recría en Santiago

Becerros no Monte Forgoselo.

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega, que se celebrou este mércores no mercado de Amio, acordou manter os prezos da semana pasada tanto na categoría Ternera como na Suprema. Desta forma quedaron nun intervalo de entre 4,49 e 5,08 euros o quilo, segundo as tipificacións de peso das canais, en Suprema e de entre 4,17 e 4,51 euros en Tenreira.

Na Mesa de Prezos de Gando de Abasto, decidiuse por unanimidade baixar os prezos do gando de recría do seguinte xeito:

-Baixada de 5 euros para a calidade regular das femias lactantes de Rubia Galega; para as calidades extra e boa das femias e os machos destetados de Rubia Galega e dos machos de Cruzada.

-Baixada de 10 euros para a categoría de calidade regular dos machos descostrados de Frisona, calidade extra das femias lactantes de Rubia Galega e calidade boa das de Cruzada, así como para as calidades regular e infrior dos machos lactantes de Frisona.

-Baixada de 15 euros para a calidade boa das femias lactantes de Rubia Galega e calidade extra das de Cruzada.

-Por motivos de axuste técnico sobe 5 euros o prezo da calidade extra das femias destetadas de Cruzada e 30 euros o da calidade boa das mesmas.

En canto ao prezo do gando de abasto para sacrificar, mantense como na sesión anterior, agás os das clasificacións P e O das canais de vacún maior de abasto, que soben 0,05 euros por quilo.

En canto á asistencia, foi bastante superior á da semana pasada, na que coincidiron varios días festivos. Así, hoxe asistiron un total de 3.238 reses, 2.722 máis que na sesión do pasado mércores. Por tipoloxía, houbo 2.676 cabezas de vacún menor (2.473 máis que na anterior sesión), 303 de vacún mediado (131 máis) e 248 de vacún maior (114 máis que o pasado mércores).

Máis información:
– Táboa completa das cotizacións de Amio (23-8-2017).

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información