Baixada dos becerros de recría e suba do vacún maior en Silleda

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia estivo marcada pola tendencia á alza dos prezos do vacún maior e pola baixada dos becerros de recría. Subas tamén no porco cebado, nos leitóns e sen cambios nos ovos

Baixada dos becerros de recría e suba do vacún maior en Silleda

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia-Abanca estivo marcada pola tendencia á alza dos prezos do vacún maior e pola baixada dos becerros de recría. Subas tamén no porco cebado, nos leitóns e sen cambios nos ovos.

En concreto, en gando vacún, nos becerros de raza Frisoa, baixaron os prezos en case todas as categorías. A excepción foron os animais de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa deste mercado, onde o prezo subiu lixeiramente ata os 117 euros por xato, 8 máis que a pasada semana. Pola contra, nos becerros de menos de 20 días o prezo baixou ata os 89 euros de media por animal, fronte aos 94 da anterior poxa, e tamén na categoría de máis de 50 días cunha baixada dos prezos ata os 143 euros por animal, 8 menos que o pasado martes.

Nos becerros de cruzamento industrial a tendencia xeral foi tamén á baixada, pero tamén con excepcións. Así, nos xatos de entre 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, os prezos situáronse nos machos en 334 euros, 12 menos ca na sesión anterior. Nas femias, sen embargo, houbo suba quedando nunha media de 228 euros por becerra, 11 máis que a semana pasada. Pola contra, nos xatos máis novos, con menos de 20 días, o prezo medio nos machos caeu ata os 268 euros, fronte ós 305 euros que se pagaron na última poxa. As femias, de novo, tiveron mellor cotización e subiron ata os 197 euros de media por xata, fronte aos 155 da semana pasada. Por último, nos becerros de máis de 50 días, os machos baixaron e cotizáronse a unha media de 432 euros por animal, fronte aos 502 da sesión anterior, unha tendencia negativa que se repetiu nas femias, cun prezo medio de 310 euros por becerra, fronte aos 343 do pasado martes.

En canto ós becerros carniceiros de cruzamento industrial, rexistraron esta semana unha baixada do prezo nos machos, acadando unha media de 705 euros por animal, moi por debaixo dos 878 da semana pasada. As femias, pola contra, subiron ata os 796 euros de media, 68 euros máis que a pasada semana.

No que atinxe ó vacún maior, houbo subas de prezo en todas as categorías. Así, na de segunda, a categoría máis numerosa, os prezos medios quedaron nunha media de 747 euros por animal, 18 máis que o martes pasado. Tamén houbo incremento de prezos na categoría de desvelle, quedando nunha media de 459 euros por animal, fronte aos 452 da semana pasada. E nas vacas de primeira a media subiu ata os 1123 euros, 13 máis que na anterior poxa.

SILLEDA__19_04_03_VACUN

Subas do porco cebado e nos leitóns e sen cambios nos ovos

En canto ó porco cebado, a mesa de prezos acordou unha semana máis unha suba en todas as categorías. Así, o selecto e o normal subiron 0,06 euros, quedando nos 1,360 e 1,335 euros o quilo, respectivamente. Na categoría de Canle II a suba acordada foi de 0,078 euros ata quedar nos 1,734 euros o kilo, mentres que a categoría de desvelle sobe 0,06 euros, quedando nun intervalo de entre 0,68 e 0,74 euros o quilo.

Polo que respecta ao leitón, a mesa de prezos acordou unha semana máis unha suba, neste caso de 2 euros. Así, a cotización do bacoriño medio de 20 kilos queda nos 64,5 euros para os animais procedentes de varias explotacións e nos 69,5 euros para os dunha única granxa. O prezo por kilo sitúase en 3,225 e 3,475 euros respectivamente.

No referido ós ovos, non houbo cambios. Así a categoría XL mantense nos 1,40 euros a ducia, e as categorías, L, M e S quedan nos 1,06, 1,01 e 0,86 euros a ducia, respectivamente. A galiña de desvelle queda nun intervalo de entre 0,14 e 0,22 euros o quilo.

Por ultimo, o coello na Lonxa de Madrid mantense o quilo nos 1,85 euros.

SILLEDA__19_04_03_PORCINO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información