Baixada dos becerros de recría de Frisón e suba dos de cruce industrial

No vacún maior mantense estable. Segue baixando o prezo do porco cebado. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 13 de outubro

Baixada dos becerros de recría de Frisón e suba dos de cruce industrial

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse pola baixada nos prezos dos becerros de recría de raza Frisona, mentres que os de cruce industrial subiron ou mantivéronse estables, en función da idade.

Deste xeito, nos tenreiros de Frisona, os de menos de 20 días pagáronse a unha media de 91 euros; a 126 € os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, e a 143 euros os de máis de 51. A pasada semana os prezos foron de 106, 130 e 159 €, respectivamente.

Pola contra, nos becerros de recría de cruzamento industrial a tendencia foi diferente: os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 348 euros; a 358 € os de 21 a 50 días, e a 402 euros os de máis de 50. A pasada semana os prezos foron de 271, 361e 380 €, respectivamente.

No vacún maior os prezos medios mantivéronse prácticamente iguais aos da pasada semana. Así, en Categoría Primeira pasaron de 1.004 euros a 1.008 €, mentres que as vacas de Segunda, a categoría máis numerosa das tres, pagáronse a unha media de 703 €, un máis que a pasada semana. Nas vacas de desvelle a suba foi maior: unha media de 423 euros de media, fronte aos 409 do pasado martes.

As cotizacións quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_VACUNO_ESPAÑA_13_OUTUBRO_2015

Baixada dos ovos e suba do coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse baixar un 0,02% os prezos nas categorías XL e L, que quedaron en 1,55 e 1,33 euros a ducia, respectivamente. Nas outras non houbo cambios: 1,21 para a M, e 1,06 € a ducia para os de clase S.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, despois de case dous anos de baixadas, o prezo subiu unha semana máis un 0,10% ata os 1,80 €/kilo.

Baixada no porco cebado

En porcino, a mesa de prezos acordou unha semana máis baixar as cotizacións unha media do 0,03% nas categorías Normal e Selecto, e un 0,039% na Canle II. Pola contra, nos principais produtores de porcino da UE, Alemaña, Dinamarca e Holanda, esta semana os prezos mantivéronse sen cambios.

En canto aos leitóns acordouse manter os prezos da pasada semana, de xeito que quedaron nos 24,5 euros os procedentes de varias explotacións e nos 29,5 euros os procedentes dunha única explotación.

As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_porcino_silleda_13_OUTUBRO_2015

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información