Baixada dos becerros de recría de cruce en Silleda

O prezo dos becerros de recría de Frisón e do vacún maior mantéñense máis estables. Segue baixando o prezo do porco cebado. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 29 de setembro

Baixada dos becerros de recría de cruce en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse pola baixada dos becerros de recría de cruce industrial. Os de raza Frisona e o vacún maior aguantaron mellor os prezos.

Así, nos becerros de recría de cruzamento industrial, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 290 euros; a 294 € os de 21 a 50 días, e a 377 euros os de máis de 50. A pasada semana os prezos foron de 319, 328 e 450 €, respectivamente.

En canto aos tenreiros de Frisona, os de menos de 20 días baixaron e pagáronse a unha media de 91 euros; a 122 € os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, e a 145 euros os de máis de 51. A pasada semana os prezos foron de 106, 125 e 143 €, respectivamente.

No vacún maior os prezos tamén se mantiveron con leves oscilacións respecto aos da pasada semana. Así, en Categoría Primeira pasaron de 1.073 euros a 1.107 €, mentres que as vacas de Segunda, a categoría máis numerosa das tres, pagáronse a unha media de 701 €, 3 máis que a pasada semana. As vacas de desvelle pagáronse a unha media de 425 euros de media, fronte aos 430 do pasado martes.

As cotizacións quedaron do seguinte xeito:

COTIZACION_VACUN_SILLEDA_29_09_2005

Estabilidade en ovos e coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos das dúas últimas semanas. Deste xeito, a ducia de ovos quedou nos 1,57 € para os XL; 1,35 € a ducia para a categoría E; 1,21 para a M, e 1,06 € a ducia para os de clase S.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, o prezo mantívose nos 1,60 €/kilo.

Baixada no porco cebado e suba do leitón

En porcino, a mesa de prezos acordou unha semana máis baixar as cotizacións unha media do 0,02% nas categorías Normal e Selecto, e un 0,026% na Canle II. Nos principais produtores de porcino da UE, Alemaña e Holanda, a baixada aínda foi máis forte: un 0,06%.

En canto aos leitóns acordouse manter os prezos da pasada semana, de xeito que quedaron nos 24,5 euros os procedentes de varias explotacións e nos 29,5 euros os procedentes dunha única explotación.

As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:

COTIZACION_PORCINO_SILLEDA_29_09_2005

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información