Baixada de Ternera Gallega e dos becerros de abasto

As mesas de prezos de Amio acordaron unha nova baixada nas cotizacións dos becerros de abasto e de Ternera Gallega. En Ternera Gallega, a Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida decidiu unha baixada de 4 céntimos en Suprema e de 2 céntimos na calidade normal. Na Mesa de Prezos de Gando de Abasto tamén se decidiu por unanimidade baixadas dos prezos dos becerros debido á escasa demanda.

O resto do gando, vacún maior e recría, permanece sen cambios, se ben apréciase en recría unha tendencia á alza en becerros de 0 a 2 meses.

A asistencia de gando á sesión de hoxe foi de 2.202 reses, 72 máis que a pasada semana. Houbo 1.680 cabezas de vacún menor, 241 de vacún mediano e 280 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das mesas de prezos de Amio (28-II-2018).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información