Baixada da recría de rubia galega e cruces en Amio

O mercado de Amio rexistrou esta semana unha boa afluencia, coa entrada de 2.730 reses. Por categorías, houbo 2.362 cabezas de recría, 181 de vacún mediano e 187 de vacún maior. En canto ás cotizacións acordadas nas mesas de prezos, mantéñense estables en Ternera Gallega, gando de abasto e vacún maior, pero rexístranse baixadas na recría.

Os vogais da Mesa de Prezos de Abasto decidiron por unanimidade baixar 5 euros os prezos das calidades boa, regular e inferior do gando de recría de rubia galega e cruces de cor.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (4-I-2017).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información