Baixa o vacún maior en Amio e soben os becerros de abasto

Os prezos do gando rexistraron esta semana en Amio variacións nas categorías de abasto, en tanto Ternera Gallega repite as cotizacións das últimas semanas. Na Mesa de Prezos de Abasto, apreciouse unha tendencia á baixa no vacún maior, polo que se reduciron 5 céntimos os prezos das subclases O3, O2, O1, P2 e P1. Nos becerros para sacrificar de peso inferior a 180 quilos, houbo subas de 10 céntimos nas clasificacións U e R, en tanto que a recría repite os valores da pasada semana.

En canto á Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega, os vogais coincidiron en apreciar unha leve redución da oferta de Ternera Suprema, se ben ao non existir un aumento da demanda, mantivéronse as cotizacións sen cambios.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 2.335 reses, 231 máis que a pasada semana. Houbo 1.826 cabezas de vacún menor, 236 de vacún mediano e 267 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (17-V-2017)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información