Baixa afluencia de gando na lonxa de Silleda

Baixa afluencia de gando na lonxa de Silleda

As festividades de Nadal deixáronse notar na feira de Silleda, onde esta semana houbo unha baixa afluencia de gando, pouco máis de 280 animais fronte ós máis de mil da pasada semana. Entraron no recinto 143 becerros de recría, 93 vacas e 46 becerros carniceiros.

En recría e vacún maior, as cotizacións medias foron similares á pasada semana, en tanto en becerros houbo unha significativa suba, de 731 a 804 de media. Sen embargo, cómpre mencionar que houbo 9 becerros carniceiros rexeitados na subasta, que dada a baixa afluencia de gando, representan un 20% dos animais desa categoría.

silleda 26 final

Mesas de prezos
As mesas de prezos avícolas e de porcino mantiveron as mesmas cotizacións da pasada semana. Non houbo cambios nin en porcino cebado ou leitóns nin en ovos e galiñas de desvelle. En coellos, a lonxa de Madrid, de referencia en Galicia, repite tamén as cotizacións da anterior semana.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información