Axudas para gandeiros de Lugo que inscriban animais no libro xenealóxico de Acruga

Os apoios, que concederá a Deputación, destinaranse ós produtores lucenses que metan animais no rexistro definitivo do libro xenealóxico de Rubia Galega. Renovado o convenio da granxa de recría Gayoso Castro

Axudas para gandeiros de Lugo que inscriban animais no libro xenealóxico de Acruga

Asemblea de Acruga en Lugo.

A Asociación de Criadores de Rubia Galega (Acruga) vén de celebrar a súa asemblea anual, que aproveitou para asinar sendos convenios de colaboración coa Deputación de Lugo. Un dos acordos prevé destinar axudas ós gandeiros que inscriban por primeira vez femias no Rexistro Definitivo do Libro Xenealóxico de Rubia Galega. Os exemplares inscritos deben ter proxenitores coñecidos da raza e ter garantía total de pureza, segundo explica Acruga en nota de prensa.

O obxectivo das axudas é o de aumentar os censos de animais no Rexistro Definitivo, promover a cría de reprodutoras en pureza de raza e impulsar unha recolleita de mostras biolóxicas para análises de filiación e xenómicas da raza.

As bases reguladoras publicaranse no Boletín Oficial da Provincia, así como as condicións polas que os criadores poderán acollerse a estas axudas. Por exemplo, para o que será o primeiro ano, as solicitudes, relativas a todos os animais incritos no Rexistro Definitivo dende xaneiro de 2019 a 31 de decembro deste ano, os gandeiros poderán solicitar estas axudas dende a publicación no BOP ata o 10 de xaneiro de 2020. O importe a pagar por cada animal dependerá, lóxicamente, do número de animais inscritos.

Acruga aproveitou a asemblea para subscribir un segundo convenio coa Deputación, polo que se renova a colaboración para a recría de xovencas na granxa Gayoso Castro, continuando así o traballo iniciado no ano 2007 e que permite o desenvolvemento das poxas de Acruga con femias de boa xenética.

Homenaxe a gandeiros xubilados.

Homenaxe a gandeiros xubilados.

Homenaxe
No marco da asemblea e do posterior xantar de confraternidade, a Asociación de Criadores de Rubia Galega rendiu homenaxe ós gandeiros e gandeiras xubilados no último ano. Foron 21 este ano, dos que 10 acudiron á homenaxe, 9 con explotacións en Lugo e un na Coruña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información