Amio recomenda que os xatos de recría se envíen ó mercado cun mínimo de 25 días

As mesas de prezos do mercado acordan baixadas esta semana en Ternera Gallega e vacún mediano para sacrificio

Amio recomenda que os xatos de recría se envíen ó mercado cun mínimo de 25 días

A tendencia do mercado do gando de recría preocupa en Amio, pois parte dos animais non cumpren coas esixencias dos compradores, o que tira para baixo dos prezos. Ante esa perspectiva, os vogais da Mesa de Prezos de Gando de Abasto xa advertiron en varias ocasións de que é posible que os animais pintos e cruzados das calidades regular e inferior deixen de venderse no mercado.

Un dos motivos do problema radica na falta de madurez de parte dos animais, pois para que as reses poidan venderse e distribuirse no resto da península, principalmente cara ós cebadeiros do leste peninsular (Cataluña, Aragón, etc.), precisan dun mínimo de 25 días e un peso de entre 45 e 50 quilos, segundo apuntan desde o mercado de Amio, ubicado en Santiago.

Cotizacións e afluencia
A Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordou esta semana baixar os prezos 4 céntimos na calidade Suprema e 2 céntimos na calidade convencional. Na outra Mesa que ofrece valores de referencia para o mercado, a de Gando de Abasto, os vogais decidiron repetir cotizacións en gando de recría e vacún maior, en tanto os becerros medianos para sacrificio baixan 10 céntimos nas canais de ata 220 quilos nas calidades U, R e O.

A afluencia de gando á sesión desta semana foi de 1.924 reses, 153 menos que a pasada semana. Houbo 1.467 cabezas de vacún menor (143 menos), 227 de vacún mediano (+2) e 219 de vacún grande (-3).

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (30-I-2019).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información