Adxudicadas as catro xovencas de Acruga na Fonsagrada a unha media de 1.937 euros

Adxudicadas as catro xovencas de Acruga na Fonsagrada a unha media de 1.937 euros

Poxa de Acruga na Fonsagrada o pasado ano

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga) abriu este sábado a súa tempada de poxas coa celebración da sexta poxa anual de xovencas preñadas na Fonsagrada. Adxudicáronse os catro animais presentados con prezos de saída de 1.800 euros e boas cotizacións, rexistrándose un prezo medio de 1.937 euros.

Estas xovencas preñadas, de idades comprendidas entre os 25 e os 28 meses, proceden do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo. Un gandeiro local foi o comprador do animal máis novo, cun preñez de 5 meses, descendente de Pavaroti, o que implica unhas destacadas calidades xenéticas, morfolóxicas e produtoras. Todo iso contribuíu, sen dúbida, a que esta xovenca rexistrase a maior cotización da poxa, cun prezo final de 2.050 euros. O resto de animais foron adxudicados a un gandeiro coruñés, do municipio de Touro, dous deles con prezos por encima dos 1.800 euros de saída. Isto permitiu un prezo medio de 1.937 euros.

O presidente de Acruga, César Dorado, mostrouse “satisfeito” cos resultados desta primeira poxa. “Hai moita seca no campo e iso fai que a xente se retraia á hora de comprar; con todo, vendéronse as catro, con prezos por encima do marcado en saída e con algunha xovenca superando os 2.000 euros. Creo que é un bo inicio de tempada e que podemos estar satisfeitos”, asegurou.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información