Acruga celebra este domingo unha poxa de xovencas en Seoane do Courel

Será no recinto feiral a partir das 12.30 horas, con cinco animais procedentes do centro de recría

Acruga celebra este domingo unha poxa de xovencas en Seoane do Courel

Poxa recente de Acruga. / Arquivo.

A Asociación de Criadores de Rubia Galega (Acruga) celebrará este domingo 27 a súa primeira poxa en Seoane do Courel, un evento que responde ás demandas que os gandeiros da zona lle teñen trasladado á directiva de Acruga. Esta primeira poxa, que se celebrará a partir das 12.30 horas, desenvolverase no recinto feiral de Seoane, con cinco xovencas preñadas procedentes do centro de recría de Acruga na granxa Gayoso Castro.

As xovencas, todas elas preñadas de tres meses ou tres meses e medio, con idades entre 21 e 22 meses, terán un prezo de saída de 1.800 euros. Acruga destaca que presentan excelentes cualidades morfolóxicas, xenéticas, produtoras e reprodutoras.

A poxa comezará ás 12.30 horas e desde unha hora antes, os interesados en poxar por algún dos animais poderán retirar a tarxetas correspondente. Os gandeiros que merquen algunha das xovencas contarán cunha axuda á compra de 200 euros por exemplar, concedida por Caixa Rural Galega, como é habitual nas poxas de Acruga.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información