566 agricultores e gandeiros recibirán axudas para subministro de auga ás explotacións

566 agricultores e gandeiros recibirán axudas para subministro de auga ás explotacións

A Consellería do Medio Rural presentou este xoves un informe no Consello da Xunta sobre as axudas para garantir a subministración de auga ás explotacións agrarias. A estas axudas, publicadas o pasado mes de novembro, presentáronse un total de 678 solicitudes e, unha vez estudados os expedientes, serán finalmente 566 as persoas beneficiarias.

Cada unha delas recibirá, de acordo coas bases da convocatoria, un máximo de 5.000 euros, cubrindo ata un 50% dos custos subvencionables, e terá ata setembro de 2018 para xustificar as achegas. Por provincias, a maior parte das axudas corresponde á de Lugo, con 356 solicitudes, o que supón un 62,9% do total. Séguenlle, por orde de peticións, Ourense, con 74 (un 13,07%), Pontevedra, con 69 (12,19%) e A Coruña, con 67 (11,84%).

Estas achegas teñen por finalidade financiar novas estruturas e mellorar as existentes para o abastecemento, tales como balsas de almacenamento, bebedoiros, conducións e pozos, sempre que non supoñan unha nova captación nunha canle fluvial. Tamén, apoiar os equipamentos para a mellora do abastecemento de auga ás explotacións gandeiras, como cisternas ou bebedoiros móbiles e, en xeral, servizos de abastecemento ás granxas.

A Xunta destina a estas subvencións un total de 925.000 euros de fondos propios da comunidade autónoma. A situación de seca prolongada que se viviu en Galicia desde o ano 2016 levou á Xunta a establecer esta medida extraordinaria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información