Publícanse as axudas para maquinaria agrícola en réxime asociativo

Publicidade
Publícanse as axudas para maquinaria agrícola en réxime asociativo

Administración convocante: Xunta de Galicia: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160421/AnuncioG0426-110416-0004_gl.html

Prazo: Ata 22/05/2016

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia.

Estas achegas están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, cun orzamento de 3,5 millóns de euros.

A finalidade destas axudas é fomentar o uso deste tipo de maquinaria e equipamentos, así como a introdución de novas tecnoloxías no rural. Deste xeito preténdese racionalizar os custes de mecanización, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético.

Os beneficiarios destas axudas poderán ser as cooperativas agrarias e cooperativas de utilización de maquinaria agrícola (CUMA), as sociedades agrarias de transformación (SAT), así como ambas entidades procedentes da fusión de explotacións con menos de 20 anos de antigüidade.

Actividades subvencionables

Será subvencionable a compra de maquinaria agrícola ata unha achega do 40% dos custos, agás se a entidade está nunha zona con limitacións naturais, que acadará o 50%. Tamén son susceptibles de subvención os gastos derivados de estudos técnico-económicos de viabilidade. En total, establécese un investimento mínimo de 5.000 euros para poder ser subvencionable e un máximo de ata 200.000 euros, segundo a tipoloxía do réxime asociativo.

No tocante aos criterios de valoración, priorizarase as entidades solicitantes con investimentos en proxectos innovadores seguidos polos investimentos en proxectos de cooperación. Ademais, obteranse puntos por cuestións como a porcentaxe de mulleres integradas no consello reitor ou o valor contable do parque de maquinaria no intre de solicitar a axuda, entre outros.

O prazo de solicitude remata o 22 de maio

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir de mañá, día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) ou en soporte papel por calquera dos medios establecidos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información