Prorrogado o prazo para solicitar as axudas de banda ancha para zonas illadas

Publicidade

Administración convocante: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170419/AnuncioG0177-110417-0001_es.html

Prazo: Ata 11/05/2017

Resumo:

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, dependente da Xunta, ampliou ata o 11 de maio o prazo de presentación de solicitudes para as axudas dirixidas a financiar ó acceso a banda ancha. A convocatoria diríxese a empresas rurais ubicadas en zonas rurais con dificultade de acceso a internet.

En principio, estaba previsto que a convocatoria das axudas rematase o 20 de abril, pero finalmente, dado que os solicitantes, coa Semana Santa de por medio, tiñan que recabar ofertas para a execución dos traballos, optouse pola ampliación do prazo.

A Xunta tamén amplía en consecuencia o prazo para xustificar os gastos subvencionables, que terán que estar rematados e documentados a 15 de novembro do 2017.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *