O Ministerio convoca bolsas de alta formación para xestores e directivos de empresas alimentarias  

Publicidade
O Ministerio convoca bolsas de alta formación para xestores e directivos de empresas alimentarias  

Reunión do Foro Galicia Alimentación

Administración convocante: Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente

Enlace axuda: https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-B-2018-8179

Prazo: Ata 10/03/2018

Resumo:

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente convocou, para 2018, bolsas de alta formación para xestores e directivos de empresas da cadea alimentaria por un importe total de 249.000 euros.

Estas axudas teñen como obxectivo ampliar e consolidar as cualificacións profesionais de xestores e directivos, o que permitirá unha mellor adaptación das súas empresas aos cambios tecnolóxicos, económicos e sociais en que se atopa inmerso este sector. Ademais, servirán de apoio ao seu desenvolvemento profesional e á adquisición de habilidades e destrezas que contribúan ao éxito das súas compañías.

As bolsas convócanse para a modalidade “accións formativas de longa duración”. Estas accións formativas deberán ter unha duración superior a 35 horas lectivas se son presenciais, e a 60 horas lectivas se son teleformación ou mixta (presencial e teleformación).

Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas físicas que teñan unha experiencia acreditada como xestores ou directivos, de polo menos tres anos en postos de responsabilidade en xestión ou dirección en empresas da cadea alimentaria.

Así mesmo, os solicitantes deberán estar inscritos e contar con praza confirmada nalgunha das 14 áreas temáticas de alta formación recollidas nas bases reguladoras destas axudas, entre as que se atopan a dirección e xestión de empresas agroalimentarias; a innovación en modelos de negocios; a internacionalización e comercio exterior; as finanzas, a mercadotecnia, a comunicación e a xestión comercial agroalimentaria ou o coñecemento do consumidor.

As accións formativas a subvencionar deberán iniciarse a partir do 1 de setembro de 2017 e deberán concluír antes do 15 de setembro de 2018. Estas bolsas permiten sufragar ata o 60 por cento do importe da matrícula das accións formativas.

As solicitudes presentaranse no prazo dun mes a contar desde o día  seguinte á publicación do extracto da convocatoria, que tivo lugar o pasado sábado,  no “Boletín Oficial do Estado”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información