Medio Ambiente subvencionará a retirada de eucalipto en 675 hectáreas de Rede Natura

A Consellería convoca as axudas, que estarán dotadas dunha prima anual de 500 euros por hectárea durante os cinco primeiros anos e de 200 euros o sexto ano

Publicidade
Publicidade

Administración convocante: Consellería de Medio Ambiente

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180411/AnuncioG0422-030418-0009_gl.html

Prazo: Ata 30/04/2018

Resumo:

As anunciadas axudas da Consellería de Medio Ambiente para reducir a presenza do eucalipto nos espazos de Rede Natura veñen de ser convocadas no Diario Oficial de Galicia. Medio Ambiente destina 1,8 millóns de euros no periodo 2018-2023 a compensar ós propietarios forestais que decidan eliminar os eucaliptos das súas terras, ben para sustituílos por carballos ou bidueiros, ben para favorecer hábitats como queirogais húmidos ou turbeiras.

As axudas consisten nun pagamento anual por hectárea durante un periodo de seis anos. O importe da prima anual é de 500 euros por hectárea durante cinco anos e de 200 euros o sexto ano. Os potenciais beneficiarios das axudas deberán facer cada ano unha solicitude anual. A cantidade disposta por Medio Ambiente permite cubrir en teoría a eliminación de eucaliptos de arredor de 675 hectáreas.

O ámbito de aplicación das axudas é o seguinte:

– No caso de sustitución de eucaliptos por carballos ou bidueiros, zonas I e II das Zonas Especiais de Conservación (ZEC) das áreas de montaña. A zonificación dos ZEC declarados en Galicia pódese consultar no anexo III do Decreto 37/2014.

– No caso de eliminación de eucaliptos en zonas de turbeira e queirogais húmidos, zonas nas cales existan hábitats de turbeira e/ou queirogais húmidos da Rede Natura 2000.

Os apoios dispostos por Medio Ambiente poden solicitarse ata o próximo 30 de abril. Cada solicitude será baremada en función de criterios como a dimensión da parcela ou a súa ubicación. As Fragas do Eume é por exemplo un dos enclaves ós que expresamente se lles outorga unha alta puntuación para sustituír eucaliptos por frondosas caducifolias.

A superficie subvencionable deberá aparecer recollida como de uso forestal no Sixpac. No caso de substitución de eucaliptos por frondosas, debe estar plantada con eucaliptos polo menos nunha porcentaxe do 50 % do recinto Sixpac, cunha densidade mínima de 500 plantas/hectárea. A superficie mínima obxecto de axuda será se 1.000 m2.

No caso de eliminación de eucaliptos en zona de turbeiras e queirogais húmidos, debe estar plantada nunha porcentaxe do 30 % do recinto Sixpac, cunha densidade mínima de 100 plantas/ha. A superficie mínima obxecto da axuda será de 1.000 m2.

A persoa beneficiaria estará obrigada a protexer e coidar a plantación e/ou rexeneración polo menos durante o período durante o cal se pague a prima. Isto incluirá os traballos silvícolas que resulten necesarios.

A conveniencia da rexeneración natural ou da plantación de especies, así como das especies seleccionadas, serán avaliadas polos servizos provinciais de Conservación da Natureza xunto coas solicitudes.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información