Listados de beneficiarios das axudas de incorporación e para pequenas explotacións

Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180112/AnuncioG0426-291217-0003_gl.html

Prazo:

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a relación de 466 persoas mozas que reciben apoios para iniciar a actividade agraria, así como a lista dos 154 solicitantes que recibirán subvencións para crear ou desenvolver pequenas explotacións en sectores como a horta, o vacún de carne, o ovino ou a apicultura.

A Xunta destinou un total de 40 millóns de euros a apoiar as incorporacións de persoas mozas. Aceptáronse o 86% das solicitudes presentadas, con algo máis de 30.000 euros de axuda media por beneficiario. Na convocatoria para pequenas explotacións, á que a Xunta destinou algo máis de dous millóns de euros, os apoios son de 15.000 euros por persoa.

Máis información
Lista de beneficiarios das axudas de incorporación.
Lista de beneficiarios das axudas para pequenas explotacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información