A Deputación de Pontevedra abre o prazo das axudas para parques forestais

A superficie de actuación deberá ter un mínimo de 50 hectáreas. A solicitude corresponde ós Concellos, que deberán chegar a acordos previos coas comunidades de montes veciñais correspondentes

A Deputación de Pontevedra abre o prazo das axudas para parques forestais

En Pontevedra hai 640 montes veciñais.

Administración convocante: Deputación de Pontevedra

Enlace axuda: http://www.boppo.depo.es/web/boppo/detalle/-/boppo/2017/04/04/2017009234

Prazo: Ata 05/06/2017

Resumo:

As axudas convocadas pola Deputación de Pontevedra para as comunidades de montes veciñais da provincia teñen o prazo de solicitude aberto desde hoxe e ata o 5 de xuño. Os apoios, para os que se destinan 1,2 millóns de euros, oriéntanse á posta en marcha de parques forestais dun mínimo de 50 hectáreas.

O organismo provincial lembra que en Pontevedra existen arredor de 31.000 hectáreas de monte raso en estado de abandono, polo que considera preciso apoiar accións de mellora que contribúan a súa posta en valor social e económica. Baseándose na idea dos parques forestais de uso público, a Deputación quere promover a plantación de especies frondosas que permitan a recuperación paisaxística, o uso social e a prevención de lumes.

A convocatoria das subvencións conta con dúas liñas, unha dirixida a financiar actuacións e outra orientada a financiar proxectos. No caso daquelas iniciativas que reciban fondos para o proxecto, poderán solicitar no 2018 fondos para a execución.

Para garantir o uso público dos futuros parques forestais, a Deputación establece que son os Concellos os que deben solicitar as subvencións, non as comunidades de montes. Os gobernos locais, por tanto, deberán chegar a acordos previos de cesión da xestión cos correspondentes montes veciñais.

O financiamento por parte da Deputación será dun máximo do 80% dos custos, debendo asumir os Concellos ou as comunidades de montes a cuantía restante.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información