Convocados apoios ó financiamento para explotacións afectadas pola seca

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) destina 500.000 euros a refinanciar pasivos e apoiar o circulante dos produtores que estean nunha zona declarada en alerta ou prealerta pola seca no 2017

Administración convocante: Instituto Galego de Promoción Económica

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180205/AnuncioO92-080118-0001_gl.html

Prazo: Ata 28/03/2018

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria dunha liña de apoios á financiación das explotacións afectadas pola seca. Poderán solicitala tódolos produtores que estean nunha zona declarada en alerta ou prealerta pola seca e que estean inscritos no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga). A cuantía total destinada ós apoios é de 500.000 euros.

O obxectivo da liña aberta polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) é refinanciar créditos das explotacións e apoiar préstamos solicitados para pagos correntes (nóminas, Seguridade Social, proveedores, etc.). A cantidade mínima atendible na convocatoria do Igape é de 3.000 euros.

A axuda financieira do Igape dirixirase a bonificar o xuro aplicado nas operacións, de tal xeito que o tipo de xuro sexa cero para o beneficiario. Tamén se compensará o custo das comisións de avais financieiros.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información