Convocadas as novas axudas para o asesoramento das explotacións agrícolas e gandeiras

Administración convocante: Consellería de Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180618/AnuncioG0426-070618-0006_gl.html

Prazo: Ata 19/07/2018

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a nova convocatoria de axudas posta en marcha pola Consellería do Medio Rural para a prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

Esta nova orde ten por obxectivo axudar ás granxas e explotacións para que melloren os seus resultados económicos, ambientais e a súa capacidade de adaptación ao cambio climático. As entidades que prestan este servizo poderán recibir entre 450 e 1.000 euros en función da modalidade de axuda. De feito, establécense tres opcións de servizo de asesoramento, básico, intermedio e integral, cunha duración máxima dun ano.

Poderán ser destinatarios das subvencións as entidades privadas recoñecidas ou autorizadas como entidades prestadoras de servizos de asesoramento inscritas no Rexistro de entidades con servizos de asesoramento ou xestión de Galicia e que presten servizos a titulares de explotacións agrarias que estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).

Deste xeito, os beneficiarios finais destas axudas serán as explotacións xa que a orde busca, por unha banda, que labregos e gandeiros sexan máis conscientes da relación entre as prácticas agrícolas e a xestión das explotacións e, por outra, que se apliquen no cumprimento das normas en materia de medio ambiente, cambio climático, boa condición agrícola da terra, seguridade alimentaria, saúde pública, sanidade animal, fitosanidade e benestar animal.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a contar dende mañá. Estas achegas forman parte do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 e están cofinanciadas con fondos Feader nunha porcentaxe do 75%, nun 7,5% pola Administración xeral do Estado e nun 17,5% pola Xunta.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información