Convocadas as axudas do Plan Renove de maquinaria agrícola

Administración convocante: Ministerio de Agricultura

Enlace axuda: https://www.boe.es/boe/dias/2017/08/01/pdfs/BOE-B-2017-46927.pdf

Prazo: Ata 15/09/2017

Resumo:

O Boletín Oficial do Estado publica este martes a orde do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, pola que se convocan as axudas correspondentes ao Plan de Renovación do parque nacional de maquinaria agrícola (Plan Renove) para o ano 2017.

Poderán optar ás axudas os titulares dunha explotación agraria inscrita no Rexistro Xeral da Produción Agrícola (REGEPA, ou no Rexistro de Explotacións Gandeiras (REGA), así como cooperativas, sociedades agrarias de transformación (SAT) ou outras agrupacións agrarias. Tamén poderán optar a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas que prestan servizos agromecánicos con maquinaria agrícola á agricultura, as agrupacións de tratamentos integrados en agricultura e as agrupacións de defensa sanitaria gandeira

A contía máxima para conceder nesta convocatoria é de 5.000.000 euros para o conxunto de máquinas a subvencionar.

No caso dos tractores, a contía base da subvención establécese en 95 euros por quilowatt (kW), da potencia de inscrición do tractor para retirar, que conste no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola. No caso de que esa potencia non estivese determinada, tomarase a potencia fiscal reflectida na ficha técnica multiplicada por 5. A contía base incrementarase atendendo á clasificación enerxética do novo tractor, ou ás deficiencias de seguridade dos tractores retirados e entregados, entre outros factores.

En todo caso, a contía base desta subvención non excederá 7.000 euros e a contía máxima non excederá 12.000 euros por beneficiario, nin o 30 % do custo total de adquisición sen IVE ou IGIC. En caso de superar este límite a contía da axuda axustarase ao 30 % do custo total sen exceder a contía máxima.

O prazo de solicitude comeza mañá, 2 de agosto, e finaliza o día 15 de setembro.

 

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información