Convocadas as axudas á participación de agricultores e gandeiros en DO´s e IXP´s

Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180109/AnuncioG0426-181217-0001_gl.html

Prazo: Ata 15/05/2018

Resumo:

Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á nova participación de agricultores e gandeiros en réximes de calidade. Estas achegas están cofinanciadas co fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito de 450.000 euros, máis do dobre que na convocatoria anterior.

Os beneficiarios son os agricultores que participen por primeira vez nalgún dos réximes de calidade dos produtos agroalimentarios definidos no PDR de Galicia (produción ecolóxica e produtos baixo o amparo de IXP ou DOP, entre outros) e deberán cumprir o requisito de ser agricultores activos.

A contía da axuda será do 100% dos gastos subvencionables, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación, durante un período máximo de 5 anos. Poderán recibir axuda os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade e a cota anual de participación, incluídos, de ser o caso, os custos dos controis necesarios para comprobar o cumprimento do prego de condicións do devandito réxime.

O prazo para a presentación de solicitudes nesta convocatoria remata o 15 de maio de 2018.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información