Convocadas as axudas para rozas, devasas e construción de puntos de auga en montes veciñais e Sofor

Publicidade
Convocadas as axudas para rozas, devasas e construción de puntos de auga en montes veciñais e Sofor

Devasa no monte Capelada, en Cedeira (A Coruña)

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161228/AnuncioG0426-191216-0004_gl.html

Prazo: Ata 29/01/2017

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia publica este mércores a Orde da Consellería do Medio Rural pola que convocan para o ano 2017 as subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes, en montes veciñais en man común e Sofor. Estas axudas están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020..

Poderán ser beneficiarios destas subvencións os titulares de montes veciñais en man común, as súas agrupacións e mancomunidades, e as Sofor. No caso de montes veciñais en man común consorciados coa Xunta de Galicia, poderá solicitarse subvención naquela superficie non consorciada.

O orzamento destas axudas para o ano 2017 é de 4 millóns de euros, qu pode verse incrementado con remanentes adicionais, de acordo coas dispoñibilidades de crédito ou como consecuencia de xeración, ampliación ou incorporación de créditos procedentes desta ou doutras administracións. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias.

Dúas liñas de subvencións

As actuacións que poderán ser obxecto de subvencións son as seguintes:

a) Liña I. Control selectivo de combustible:

a.1) Devasas:
Roza mecanizada con rozadora de cadeas ou similar: 409,10 €/ha

a.2) Faixas auxiliares de pista:
Roza mecanizada con rozadora de cadeas ou similar: 409,10 €/ha
Roza mecanizada con rozadora de brazo ou similar: 490,07 €/ha

a.3) Roza mecanizada en rexenerado forestal natural:
Roza mecanizada en rexenerado forestal natural: 272,73 €/ha

a.4) Roza de penetración, rareo e eliminación de restos das entrefaixas de masas forestais:
Roza superficial de penetración e rareo das entrefaixas de masas forestais e eliminación mediante trituración con rozadora de martelos ou similar dos restos, na superficie restante: 868,63 €/ha

b) Liña II. Construción de puntos de auga:
Depósito de auga 5×4×2 m (volume útil 30 m3): 6.103,61 €/unidade
Depósito de auga 6×4×2,5 m (volume útil 50 m3): 7.174,01 €/unidade
Depósito de auga 7×4×2,5 m (volume útil 60 m3): 8.146,68 €/unidade
Depósito de auga 8×7×2 m (volume útil 110 m3): 12.264,10 €/unidade

A porcentaxe que se subvenciona será do 100 %.. O IVE non será subvencionable salvo que non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre o IVE.

Prazo de presentación: ata o 29 de xaneiro

A superficie forestal mínima por expediente en comunidades de montes veciñais en man común será de cen hectáreas (100 ha). Para acadar a superficie, as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) poderán formar unha agrupación, sempre que as CMVMC se empracen nunha mesma provincia e, ademais, cumpran con algún destes requisitos:

a) Localización nun mesmo concello.
b) Localización en concellos limítrofes sempre que sexan estremeiras.

Nas Sofor e, excepcionalmente, no caso de que a CMVMC, mancomunidade ou algunha das CMVMC que integren a agrupación estea localizada nalgún concello incluído en espazo declarado como zona de especial protección dos valores naturais ou nalgún dos incluídos na zona de especial protección para as aves da Limia, a superficie mínima a que fai referencia o primeiro parágrafo sería de 50 ha.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, é dicir, ata o 29 de xaneiro.

4 ideas sobre “Convocadas as axudas para rozas, devasas e construción de puntos de auga en montes veciñais e Sofor

  1. Jose luis

    Seria bo que as cmvmc pequenas tomen tuberan alguha axuda , pois o ter pouca superficie case non teñen ingresos pero si gastos

    Contestar
  2. J.ARES

    Todo moi bonito.pero realmente a riqueza dos nosos Montes está en Man de particulares para os vales non se falamos de ningunha axuda. Como sempre.outro punto importante e a extensión 100 ha.Xa E pa non darnos nada.co minifundio que temos en Galicia ninguen pode optar a iso. Ou casi ninguen. Ou por dicilo doutra maneira sempre os mesmos. Un saludo gracias…ARES…

    Contestar
  3. Jose Manuel Carracelas Freire (A.P.M.M.)

    Tampoco se piensa, ni parece preocuparle a nadie la estructura minifundista, que tiene el monte en algunas zonas.
    Podrian intentar solucionar este problema, los que realmente pueden hacerlo.

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información