Convocadas as axudas para reconversión de viñedo

Publicidade
Convocadas as axudas para reconversión de viñedo

Plantación de viñedo en Valdeorras

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170620/AnuncioG0426-090617-0001_gl.html

Prazo: Ata 20/07/2017

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viñedo en Galicia co ano 2017, que se poderán solicitar dende mañá mércores. Tal e como anunciou este departamento, nesta convocatoria terán prioridade aquelas zonas danadas polas xeadas de abril. De feito, esta circunstancia será valorada con 8 puntos, a maior puntuación á hora de avaliar os proxectos presentados.

Poderán beneficiarse destas axudas os viticultores inscritos no Rexistro Vitícola de Galicia que destinen a produción de uva a vinificación e o prazo de presentación de solicitudes é dun mes a contar dende mañá.

Este ano o importe destas axudas chega a 1,4 millóns de euros financiados a través do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga). As axudas poderán ser de compensación pola perda de ingresos derivada da aplicación do plan (ata 1.290 euros por hectárea e campaña) ou de custos de reestruturación e reconversión da viña (ata o 50 % dos custos elixibles para os plans colectivos e do 35 % para os individuais).

Entre os criterios de prioridade, ademais dos fenómenos meteorolóxicos adversos, tamén se valorará o plan colectivo, a superficie reestruturada de viña baixo o ámbito dunha denominación de orixe ou indicación xeográfica protexidas e as zonas desfavorecidas. Sumarán tamén puntos os agricultores mozos, o agricultores profesionais respecto do total de viticultores que integran o plan, as explotacións de titularidade compartida respecto do total de viticultores que integran o plan e as mulleres.

As solicitudes deberán presentarse por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal). O prazo de presentación das solicitudes remata o 20 de xullo.

Consulta aquí a convocatoria das axudas.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información