Convocadas as axudas para o subministro de auga ás explotacións gandeiras

Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171102/AnuncioG0426-301017-0001_gl.html

Prazo: Ata 03/12/2017

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia publica este xoves a orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a garantir a subministración de auga ás explotacións agrarias e gandeiras, e se convocan para o ano 2017.

Poderán acollerse a estas axudas os titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras profesionais situadas nas zonas declaradas de alerta ou de prealerta por seca no ano 2017 nas demarcacións hidrográficas de Galicia Costa, Miño-Sil e do Douro no momento publicación desta convocatoria, unha situación que abrangue a toda Galicia. Quedan excluídos os titulares de explotacións de autoconsumo ou sen actividade comercial.

As axudas de minimis recollidas nesta orde teñen como finalidade facilitar o acceso á auga ás explotacións agrícolas e gandeiras que basean as súas producións en superficies de cultivos.

Investimentos subvencionables

Serán subvencionables os seguintes conceptos:

a) Novas estruturas e mellora das estruturas existentes para o abastecemento de auga tales como balsas de almacenamento, bebedoiros, conducións para o seu abastecemento, sempre que non supoña unha nova captación de auga.

b) Equipamentos para a mellora do abastecemento de auga ás explotacións gandeiras, como cisternas móbiles ou bebedoiros móbiles.

c) En xeral, servizos de abastecemento de auga ás explotacións agrarias.

Importe

1. O importe global destas axudas é de 925.000 euros.
2. O importe da axuda será do 50 % dos custos subvencionables.
3. O importe máximo da subvención por beneficiario non superará os 5.000 euros. En todo caso, os límites de intensidade da axuda son os especificados pola Unión Europea ás axudas de minimis ao sector agrícola (15.000 euros nun período de tres exercicios fiscais, o actual e os dous anteriores).

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 3 de decembro

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. É dicir, ata o decembro.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *