Administración convocante: Consellería do Medio Rural
Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170102/AnuncioG0426-261216-0002_es.html
Prazo: Ata 02/02/2017
Resumo:
Medio Rural publicou hoxe a convocatoria de axudas 2017 para a compra de maquinaria agrícola en réxime asociativo, para as que destina 2,9 millóns de euros. Poderán optar a estas subvencións as Cooperativas de Utilización de Maquinaria Agrícola (Cumas), as Sociedades Agrarias de Transformación (Sat), as cooperativas agrarias e as cooperativas de explotación comunitaria de terras.
En todos os casos, esíxese que as entidades beneficiarias teñan un mínimo de 4 socios e que a maquinaria subvencionada sexa para uso exclusivo das súas explotacións. O prazo de solicitude rematará o día 2 de febreiro.
Será subvencionable a compra de maquinaria agrícola, así como os estudos técnicos-económicos de viabilidade. Non se subvencionará a compra de maquinaria usada, de maquinaria forestal, de equipos para a transformación de produtos agrarios nin aqueles aparellos que se estime que teñen unha escasa significancia para o conxunto de socios.
O importe da axuda será do 40% dos custos elixibles, que pode incrementarse ata o 65% en función dos seguintes criterios: solicitantes en zonas con limitacións naturais (+10%), solicitantes procedentes dunha fusión de Sat (+10%), beneficiarios procedentes dunha fusión de cooperativas (+15%). Tamén se primará ós beneficiarios fusionados nos últimos tres anos.