Convocadas as axudas da Xunta para o sector apícola

Publicidade
Convocadas as axudas da Xunta para o sector apícola

Apicultor inspeccionando os cadros

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170328/AnuncioG0426-170317-0002_gl.html

Prazo: Ata 29/04/2017

Resumo:

A Consellería do Medio Rural publica este martes no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas ao sector apícola para o ano 2017.

Poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas. Será requisito para a obtención destas axudas estar inscrito no Rexistro Oficial Apícola da Comunidade Autónoma de Galicia, polo menos con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano 2016.

Tamén poderán optar a estas axudas as cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia, integradas na súa maioría por apicultores.

Os apicultores que estean incluídos na solicitude de axuda presentada por unha cooperativa ou asociación ou agrupación de produtores, ben sexa para unha ou varias liñas de axuda, non poderán solicitar a axuda a título individual.

As alvarizas abandonadas e as colmeas mortas non darán dereito ao seu titular ao cobramento de axudas.

Para poder acollerse ás ditas medidas da axuda, os apicultores, a título individual ou como integrantes dunha cooperativa ou organización representativa, deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Dispoñeren dun seguro de responsabilidade civil.
b) Seren titulares dunha explotación con máis de 50 colmeas, se solicitan axuda para realizar a transhumancia.
c) Teren realizada a declaración censual anual obrigatoria referida en 31 de decembro de 2016.
d) Realizaren polo menos un tratamento ao ano fronte á varroase.

Liñas de axudas:

Establécense catro liñas de axudas:

a) Liña A. Asistencia técnica a apicultores e organizacións de apicultores. A esta liña só poderán optar as agrupacións de apicultores.

1º. Contratación de técnicos e especialistas en apicultura para a información e asistencia técnica aos apicultores das agrupacións apícolas na sanidade apícola, loita contra agresores da colmea, así como o asesoramento global na produción.

Poderá subvencionarse a contratación dun máximo de dous técnicos por asociación, sendo necesariamente o primeiro deles un licenciado en Veterinaria.

A axuda para a contratación de técnico veterinario poderá ser de ata o 90 % do seu custo, cunha limitación de 27.000 euros, e non poderá ser superior ao valor de 1 euro por colmea rexistrada na correspondente agrupación.

A axuda para a contratación doutros técnicos titulados poderá ser de ata o 70 % do seu custo, cunha limitación de 21.000 euros, e non poderá ser superior ao valor de 0,5 euros por colmea rexistrada na correspondente agrupación.

En todo caso, o importe máximo da axuda nesta liña por agrupación non superará os 48.000 euros.

2º. Organización e celebración de cursos e xornadas de formación de apicultores, formación continuada dos técnicos e especialistas das agrupacións e asociacións de apicultores. Poderá subvencionarse ata o 90% do seu custo.

3º. Sistemas de divulgación técnica, a través de folletos, catálogos e outras publicacións, así como de soportes audiovisuais e informáticos. Poderá subvencionarse ata o 90 % do seu custo.

b) Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea.

1º. Adquisición de tratamentos quimioterápicos e/ou tratamentos compatibles coa apicultura ecolóxica contra a varroase, autorizados pola Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios. Poderá subvencionarse ata o 80 % do seu custo, cun máximo de 4 euros por colmea, e co límite de 18.000 euros para o caso de persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas.

2º. Sobrealimentación das colmeas. Poderá subvencionarse ata o 50 % do seu custo co límite de 2 euros por colmea. Unicamente poderán optar a esta liña os apicultores beneficiarios da axuda recollida na liña B.1º anterior.

3º. Renovación e purificación de cera. Poderá subvencionarse ata o 50 % do seu custo, co límite de 400 gramos de cera por colmea no caso da renovación de cera. Unicamente poderán optar a esta liña os apicultores beneficiarios da axuda recollida na liña B.1º.

c) Liña C. Racionalización da transhumancia.

1º. Adquisición, conservación e mellora dos medios de transporte. Material para o manexo das colmeas: guindastres, mallas de cobertura, cambio de colmeas para obter meles monoflorais, sistemas móbiles de extracción de mel e outros útiles e equipamento necesario para facilitar a transhumancia, a excepción de vehículos de transporte, combustible, produtos para a alimentación das abellas e cera. Poderá subvencionar ata o 70 % do seu custo.

2º. Sistemas de protección ou vixilancia antirroubo ou de xeolocalización integrados nos cadros das colmeas. Poderá subvencionarse ata o 70 % do seu custo.

3º. Mellora e acondicionamento de asentamentos, camiños e sendas. Serán subvencionables soportes para illar colmeas, traballos e utensilios de roza, peches portátiles para a protección dos asentamentos fronte a depredadores e aqueloutros que a xuízo do órgano xestor sexan compatibles con esta liña. Non será subvencionable a realización de traballos con maquinaria pesada para o movemento de terras. Poderá subvencionarse ata o 70 % do seu custo.

4º. Cota de subscrición de seguros de responsabilidade civil das colmeas, sempre que as pólizas non cubran garantías xa incluídas no sistema de Seguros Agrarios Combinados. A esta liña poderán acollerse tamén os apicultores con colmeas estantes. Poderá subvencionarse ata o 50 % do seu custo cun límite de 0,5 euros por colmea asegurada.

d) Liña E. Medidas de apoio á repoboación da poboación apícola española.

1º. Cría de raíñas de razas autóctonas para reposición de baixas, sempre que se cubran as necesidades financeiras para asistir as solicitudes da medida anterior.

2º. Investimentos para a cría de raíñas (núcleos de fecundación, incubadoras, material para inseminación artificial de raíñas).

Para os 2 casos, poderá subvencionarse ata o 50 % do custo de actuación, cun límite máximo de 5 euros por colmea.

Prazo de presentación das solicitudes: ata o 29 de abril

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia; é dicir, ata o 29 de abril.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *