Convocadas as axudas aos produtores que se incorporen a un réxime de calidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170508/AnuncioG0426-280417-0002_gl.html

Prazo: Ata 15/06/2017

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia publica este luns a consocatoria de axudas da Consellería do Medio Rural para aqueles agricultores e gandeiros que participen por primeira vez nalgún réxime de calidade, é dicir que se sumen por primeira vez a unha Denominación de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida.

No caso do programa de calidade relativo á produción ecolóxica, tamén terá a consideración de nova participación aquela que se refira a agricultores/as que, tendo previamente actividade no dito programa, inicien a actividade de produción ecolóxica con destino ao mercado en relación con algunha nova orientación produtiva. En todo caso, esta nova orientación produtiva debe ter unha dimensión económica suficiente para superar a consideración de actividade de autoconsumo.

Serán subvencionables os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade e a cota anual de participación no dito réxime, incluídos, de ser o caso, os custos dos controis necesarios para comprobar o cumprimento do prego de condicións do réxime. Non se considerarán subvencionables os custos internos ou de autocontrol.

A contía da axuda será do 100 % dos gastos subvencionables realizados, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación, durante un período máximo de cinco anos.

Estas axudas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, contan cunha partida para este ano de 183.500 euros, que se poderá incrementar.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 15 de xuño de 2017, quedando incluída esta data dentro do prazo.

Consulta aquí toda a información das axudas.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información